A biosfera

Páginas: 8 (1799 palabras) Publicado: 18 de mayo de 2015
A BIOSFERA
1. A biosfera :
A biosfera é o conxunto dos seres vivos do planeta Terra e o medio físico que os rodea.
Os factores que fan posible a vida sobre a Terra son :
- Distancia óptima do Sol. O noso planeta encóntrase a 150 millóns de quilometros do Sol. Esta situación fai que a cantidade de luz e calor que recibe a Terra sexa axeitada para os seres vivos. A calor mantén a auga en estadolíquido.
- Presenza de auga líquida. Na Terra a maioría da auga encóntrase en estado líquido. A auga en un compoñente esencial e abundante nos seres vivos e o medio onde viven moitos organismos.
- Presenza dunha atmosfera protectora. A atmosfera filtra os raios ultravioletas do Sol, evitando que causen danos aos seres vivos. Impide que a temperatura ascenda moito de día e descenda moito polanoite.
- Presenza de osíxeno na atmosfera. O osíxeno prodúceno continuamente as algas e as plantas grazas ao proceso da fotosíntese. Sen as plantas e as algas, a vida desaparecería.

2. Os seres vivos :
Todos os seres vivos compartimos unhas características comúns:
- Estamos feitos de átomos e moléculas. As moléculas orgánicas e inorgánicas forman todas as estruturas dos seres vivos.
- Estamosformados por células. A célula é a unidade mais pequena da materia viva. Existen seres unicelulares, como as bacterias, e seres pluricelulares, como o ser humano. Esta característica permite que os seres vivos presenten gran diversidade de formas e tamaños.
- Realizamos as funcións vitais. As funcións de nutrición, relación e reprodución son comúns a todos os seres vivos, independentemente da súadiversidade.
2.1 Composición dos seres vivos :
Os elementos que forman parte da materia viva denomínanse bioelementos. Os seis bioelementos máis abundantes son o carbono (C), o hidróxeno (H), o osíxeno (O), o nitróxeno (N), o fósforo (P) e o xofre (S). Reciben o nome de bioelementos primarios, xa que forman máis do 90% da materia viva.
O carbono é o elemento máis importante dos seres vivos. Podenenlazarse consigo mesmo formando cadeas, con outros elementos orixinando unha variedade case infinita de moléculas distintas, o que constitúe a base da vida.
Estes átomos e moléculas combínanse entre si dentro dos organismos mediante reaccións metabólicas para dar lugar a compostos orgánicos.

3. As funcións vitais :
As funcións vitais son a nutrición, a relación e a reprodución.
3.1 Función denutrición :
É unha función básica que permite aos seres vivos incorporar materia para medrar e renovar as estruturas danadas, e obter enerxía.
A enerxía que utilizamos os seres vivos é enerexía química que se almacena en forma de móleculasorgánicas.
A nutrición dos seres vivos pode ser de dous tipos :
- Nutrición autótrofa. Os seres autótrofos son aqueles capaces dee captar enerxía so exterior eutilizala para transformar substancias inorgánicas en materia orgánica. Son capaces de fabricar os seus propios alimentos.
Os seres que utilizan como fonte de enerxia a luz do Sol son fotosintéticos. Os que captan a enerxía desprendda por reaccións químicas externas son quimiosintéticos. En os dous casos, a enerxí captada encérrase e almacena nas ligazóns químicas que forman as moléculasorgánicas.
- Nutrició heterótrofa. Os seres heterótrofos no son capaces de fabriocar o seu propio alimento; necesitan tomar os alimentos a partir doutros seres vivos para obter a materia orgánica e a enerxía para realizar as súas funcións vitais. É o caso dos animais, dos protozoos e dos fungos.
Existen diversas formas de conseguir os alimentos a partir doutros seres vivos :
· Devorar organismos vivos,como é o caso dos herbívoros, carnívoros, omnívoros e parasitos.
· Consumir restos orgánicos, como acontece cos organismos saprofitos.
· Axudar a ootro ser vivo nas súas funcións vitais e recibir a cambio alimento. É o caso dos organismos simbióticos.
3.2 Función de relación :
É a capacidade que teñen os seres vivos de percibir información do medio externo e do seu propio organismo, e orixinar...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Biosfera
  • Biosfera
  • La biosfera
  • biosfera
  • la biosfera
  • La biosfera
  • La Biosfera
  • La biosfera

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS