A Idade Antiga

Páginas: 9 (2113 palabras) Publicado: 14 de octubre de 2014
HISPANIA E GALLAECIA NA ANTIGÜEDADE.

1. As primeiras culturas.

Os gregos denominaron Iberia á península máis occidental do Medierráneo. Foron os romanos os que chamaron Hispania á P.I., termo do que se decoñece a súa orixe e do que procede o nome actual de España. No caso de Gallaecia, orixe da actual Galicia, os rmanos empregaron este nome para referirse ás terras occidentais situadasao norte do Douro variado os límites co paso do tempo.

1.1 Os inicios do poboamento peninsular.

Pola falta de documentación non podemos coñecer as culturas que se desenvolveron na P.I. e nas illas Baleares e Canarias con aterioridade ao ano 1000 a.C., de modo que centrámonos nas máis destacadas.

1.1.1 As orixes.

Os restos de fósiles achados no xacemento burgalés de Atapuerca no que ospaleontólogos identifican os restos máis antigos do primiero grupo humano que comezou a poboar a Europa hai 1,2 millóns de anos( homo antecessor) son de grande axuda para coñercer o proceso de hominización. Os restos atopados corresponden os antepasados comúns do sapiens.

Os grupos humanos que habitaron inicialmetnte a P.I.. mantiveron uns modos de vida baseados na caza e na recolección dealimentos que os historiadores denominan sociedade paleolítica. A súa presenza está documentada en numerosos lugares grazas aos restos conservados da súa actividade, a maioría fabricados en material lítico elaborados coa técnica de lascado( machados, coitelos...). O máis destacado son os restos pictóricos en covas de crnixa cantábrica e que alcanzan en Altamira( 20 a 10000 a.C) a culminación da arteprehistórica parietal europea. En Galicia, os restos máis antigos localízanse en zonas do litoral, destacando os atopados nas Gándaras de Budiño(Pontevedra).

Arredor do 6000 a.C. comezan a detectarse na vertente mediterránea indicios do cambio que deron lugar á revolución neolítica. O cultivo da terra e a oma de animai facilitaron o asentamento da poboación, dando lugar aos primeiros poboadosestables, así como importantes avances técnicos, culturais e artísticos. En Galicia, a introdución da agricultura presenta moitas dificutades no seu estudo pola falta de vestixios claros.

1.1.2 O megalitismo.

Durante o neolítico avanzado, nun período en que se comezou a empregar cobre para a fabricación de adornos persoais e utensilios, e que os prehistoriadores denominan Calcolítico ouIdade do Cobre( 3500-2200 a.C.), en numerosas áreas peninsulares realizáronse construcións, a maioría delas con finalidade funeraria, feitas con grandes pedras, que dan nome á cultura megalítica.

En Galicia, consérvanse varios miles de antas e mámoas( túmulos de terra de plata redondeada e scción semicircular sen construcción interior). Coincidindo coa fase dinal do Calcolítico estendeuse porgran parte da P.I. e de Europa un tipo de vasilla, o vaso campaniforme, así chamado pola forma que presenta, e que en Galicia está asociado os megálitos.

1.1.3 Idade do Bronce.

O desenvolvemento da metalurxia permitiu o coñecemento dunha aliaxe, o bronce( cobre e estaño). O seu emprego espallouse de maneira irregular, dando orixe a unha gran diversidade de culturas durante a denominada Idadedo Bronce(1800-800 a.C.) destacando a de Argar, Motillas e Cogotas.

En Galicia, a metalurxia do bronce está documentada pola aparición de pezas moi decontextualizadas(espadas, coitelos...), d emodo que recoñecemos case rodo o referente aos hábitats e costmes daqueles pobos. A esta cultura atribúeselle o maior tesouro en ouro prehistórico galego (Caldas de Reis), así como moitos dos gravados enpedra ao aire libre( os petróglifos), moi abundanes en Pontevedra, e nos que destacan os motivos animais e xeométricos.






1.2. A chegada de influencias centroeuropeas e mediterráneas.

A comezos do primeiro milenio a.C. estendeuse na P.I. a metalurxia do ferro, fenómeno que ocasionou importantes cambios. Orixináronse diversas culturas con característocas propias.

1.2.1 Influencias...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • antigo
  • Terceira Idade
  • Antigo De Sofocles
  • el antigo egipto
  • Egipto Antigo
  • historia antiga
  • Història antiga
  • O Antigo Réxime

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS