a lus do candil

Páginas: 6 (1298 palabras) Publicado: 19 de marzo de 2014
1.− ELEMENTOS FANTÁSTICOS QUE APARECEN NA OBRA:
Os elementos fantásticos que aparecen en A lus do candil, pertencen o mundo do fantasmagórico e
descoñecido. Trasgos, visións, aparecidos... pobran os relatos e convértense en impulsores da narración, pois
son, na mayoría dos casos, responsables do desenlace dos contos.
Dos quince relatos en sete deles móstranse de xeito claro estes elementos.Son, xeralmente, visións ou soños
onde aparecen pantasmas, estrañas personaxes e situacións (¡Viña do alén¡, Arxemiro, ¡Aleluia!, O espello...)
que desacougan as personaxes que non comprenden o seu significado, case sempre relacionado coa morte de
alguén.
Especialmente arrepiantes son tamén Arxemiro, ¡Aleluia! e o Traxe do meu tío. No primeiro é o propio
Arxemiro o que ten unha visión sobre asúa morte. No segundo a morte persegue o protagonista por unhas
rúas desertas ata a súa habitación onde logra librarse dela. No terceiro o tío do rapaz protagonista interpreta o
soño da tía como a súa futura morte.
Noutras ocasións as visións non teñen nada que ver cos protagonistas como ocorre en ¡Viña do alén!, O
espello e O tesouro.
Ademáis destes sete contos, existen outros catro onde oselementos fantásticos son tamén parte do relato. En
dous deles (A cabana do carboeiro e As meigas atinan sempre) veñen da man do vaticinio das meigas, neste
caso, en ámbolos dous contos é a mesma meiga de Torgán que atina coa morte do carboeiro e coa perda do
cabrito en As meigas atinan sempre, se ben neste último obsérvase sentido do humor no desenlace.
Este humor aparece tamén nos outrosdous contos restantes (O lordanas e Os difuntos falaban Castelao), aínda
que o primeiro remate tráxicamente, nestes xógase co equívoco. As personaxes confunden a persoas de carne
e óso con pantasmas saídas das súas tumbas do cemiterio, provocando situacións humoríticas sobre todo en
Os difuntos falaban Castelao.
Todos estes elementos fantásticos son tamén elementos de temor, se nos situamos noambiente no que son
relatados, nunha noite de inverno a carón do lume: As noites de inverno son boas para os trasgos, para as
meigas, para os tobos... E para quen escoita contos de miedo sentindo romba−lo vento.
2.− ELEMENTOS COSTUMISTAS NESTA OBRA:
Toda a obra é un gran exemplo de costumismo galego. Partendo do escenario onde son contados os relatos, a
carón dunha lareira ou cheminea nunhanoite de inverno. Ata os propios contos son un retrato, no medio da
historia, da Galicia labrega.
A temática dos contos (lobos, meigas, aparecidos) forma parte da cultura galega e eran propios deste tipo de
situacións, ante o lume no inverno. Non faltan tampouco referencias as feiras, romerías e festas, tan comúns
na Galicia do rural e tamén das vilas. Así os tratantes de ¡Viña do alén!, veñen dafeira de Rubián. A Subela
de As meigas atinan sempre vai vende−las faliñas roubadas á veciña á feira de San Clodio.
En canto as romerías e festas, en Arxemiro fálase das festas do verán: San Antón, San Xoán, San Pedro, e os
protagonistas van de troula polo campo da festa. Tamén fálase do San Froilán en O traxe do meu tío e en
Antón de Cidrán onde hai referencia o costume de ir comelo pulpo ásfeiras.
Ademáis desta referencia gastronómica, existen na obra outras que están moi presentes na cultura e costumes
galegas, como son: os magostos, a queimada, a lamprea (hastra lampreas que don Diego mandara a buscar os
1

seus criadeiros do Sil)... Ademáis de moitas referencias o viño da zona onde se desenvolven os relatos: moita
sona ten o viño daquila ribeira, e non sen motivo.
Fálasetamén de como son as vivendas, dende os pazos as cabanas (Era unha casoupa coas paredes de terra e o
teiro de ramas de xesta). Da roupa dalgúns persoaxes (levaba capa de xuncas e zocos), dos traballos: as tarefas
labregas como a colleita, a recollida de castañas... da minería como os carboeiros e os pizarrantes, da caza e a
pesca (Por iso son chamadas estas terras o paraíso do cazador e do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • a lus do candil
  • a lus do candil
  • A lus do candil
  • A LUS DO CANDIL
  • A LUS DO CANDIL
  • la lus
  • Historia De Los Candiles
  • agente lus

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS