A praia dos afogados

Páginas: 10 (2463 palabras) Publicado: 11 de mayo de 2014















Índice

Localización 3

Resumo 4

Personaxes 7

Análise do discurso:
Disposición externa 9
Título 9
Narrador 9
Tempo 10
Espazo 11
Linguaxe 12

Valoración persoal 13

















Localización

Domingo Villar (Vigo, 1971), galego emigrou a Madrid. Traballou como guionista de televisión. Ligado dende neno o mundo do viño, écrítico gastronómico dende hai anos é traballa nunha estación de radio nacional. Gañou coa súa primeira novela, Ollos de auga, o Primeiro Premio Syntagma Brigada 21, o Premio Eo, o Premio Frei Martín Sarmiento, e foi finalista en dúas categorías dos Premios suspense Crime no Reino Unido.
Actualmente un escritor galego moi importante. As súas obran foron traducidas a seis idiomas distintos. Có seulibro “A praia dos afogados”, gañou numerosos premios: Premio Antón Losada Diéguez, Libro do ano pola Federación de Libreiros de Galicia, Autor do ano pola revista Fervenzas literarias, Finalista ó Premio Libro do ano do Gremio de Libreiros de Madrid, Finalista ó Premio Novelpol, e Premio Brigada 21.




Resumo

Leo Caldas, inspector da Policía de Vigo, atópase xunto co seu pai no hospitalvisitando o seu tío Alberte (sofre problemas respiratorios), e xuntos van pasar a noite na casa situada a beira do río Miño, onde posúe una adega e uns terreos adicados ó viño.
O día seguinte o seu axudante, Rafael Estévez, comunícalle que apareceu un corpo nunha praia de Panxón, polo que Caldas marcha a Vigo para poñerse o corrente do caso, poder falar cos achegados da vítima e revisar as súaspertenzas.
A investigación empeza na lonxa de Panxón, onde Leo fala con algúns dos compañeiros do falecido, Xusto Castelo, a quen todos coñecían como “O Rubio” debido a cor do seu pelo.
Inicialmente todos os indicios apuntan a un suicidio: O finado case non se relacionaba con ninguén, fai anos estivera enganchado as drogas e ultimamente actuaba dun xeito estraño. Sen embargo, a convicción de AliciaCastelo (irmá do morto), o xeito no que estaban as mans de Xusto (cunha brida atada por debaixo dos dedos maimiño) e un golpe na caluga, convenceron ó inspector de que estaban ante un asasinato.
En Panxón contáronlle a historia do Xurelo: Un barco pesqueiro no que faenaban Xusto Castelo, dous mariñeiros mais (Xosé Arias e Marcos Valverde) e o capitán Sousa, e que afundira 12 anos atrás enfronte ailla de Sálvora. Os tres mariñeiros salvaron as súas vidas, pero non así o capitán que afogou no naufraxio.
Da entrevista cos dous homes Leo Caldas saíu coa sensación de que tiñan medo de alguén.
Un submarinista atopa o barco de Xusto afundido xunto ao faro de Punta Lameda. A inspección do lugar por parte de Leo e o seu axudante mostrou que o barco fora afundido alí a propósito, xa que se tratadun lugar de difícil acceso, onde as rochas forman unha especie de piscina que permitiría desembarcar e afundir o barco sen que este se movera de sitio. Tamén atoparon varias pedras ni interior do barco a modo de lastre para facilitar o afundimento.
Un amigo do pai do detective, o Dr. Manuel Trabazo, axuda na investigación ao levar a Caldas a pescar e facerlle ver que Castelo tivera que caer aomar nun lugar distinto ao onde atoparan o barco, xa que as correntes empurrarían o corpo cara outro lado. Desembarcaron nese paraxe e o doutor atopou unha chave de tubo que encaixaba co golpe que o afogado tiña na caluga
Máis tarde, un vello mariñeiro, agora camareiro no “Elixio” (lugar onde vai comer Caldas despois de visitar ó seu tío no hospital) axuda a Leo indicándolle que o lugar idóneo pararefuxiarse dun temporal si un barco se atopase pescando na illa de Sálvora sería Aguiño. Ese nome fixo que Leo se lembrase dunha noticia que aparecera nos xornais nos días que seguiron o episodio do Xurelo e que se refería a desaparición dunha muller chamada Rebeca Neira.
Tentando relacionar os dous feitos volveu a Panxón para interrogar os dous superviventes do Xurelo acerca do que realmente...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A praia dos afogados
  • A Praia Dos Afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados
  • A Praia Dos Afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados
  • Praia Dos Afogados

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS