Ética e filosofía do dereito

Páginas: 6 (1295 palabras) Publicado: 20 de noviembre de 2010
AS DISTINTAS RELACIÓNS ENTRE A ÉTICA E O DEREITO

A fundamentación do dereito

O dereito é un conxunto de principios e normas, que expreson unha idea de orde e xustiza, que regulan as relacións humanas da sociedade e que é imposto de maneira coactiva.
É dicir, a vida en sociedade está regulada pola lei, o Dereito.

A xustiza é outra medida que regula a vida en sociedade, pero dun xeitomoral. É dicir, facer unha acción xusta ven do interior do individuo, do seu punto de vista de que fai o correcto ou non.

Xustiza e dereito son polo tanto conceptos distintos pero relacionados entre eles. Tense discutido ao longo da historia sobre a fundamentación de ambos conceptos: o dereito fundamenta a xustiza ou a xustiza fundamenta o dereito?

Temos diferentes posturas respecto diso. Ateoría do iusnaturalismo correspondería á afirmación de que a moral fundamenta ao Dereito, e o positivismo respondería a unha concepción independente de moral e dereito. Outras teorías que pretenden fundar moralmente o dereito son as teorías axiolóxicas contemporáneas: a teoría consensual da verdade de Habermas e a teoría da xustiza de Rawls. No caso contrario encontramos o realismo xurídico, asteorías consuetudinarias do dereito e o historicismo xurídico.

O realismo xurídico non é valorado moralmente, é dicir, o dereito é visto soamente como o traballo dos xuíces.
O dereito consuetudinario converte en leis as costumes da sociedade. Por exemplo o uso do veo, que por ser costume no mundo árabe foi feita lei.
O historicismo xurídico é relativo, o dereito forma parte da historia e vaicambiando, non existe unha lei absoluta.

Vexamos máis polo miúdo algunhas destas teorías:

O iusnaturalismo

Esta é unha corrente da filosofía do Dereito que di que unha parte das normas do Dereito e da moral baseanse en principios universais e inmutables. Estas normas forman o chamado Dereito natural. Segundo esta corrente, as normas que contraveñan estes principios son inxustas e non legais.Un dos teorizadores do iusnaturalismo foi o filósofo Tomé de Aquino. Este afirmaba a existencia de unha lei moral natural (logo coñecida como Dereito natural), base do ordenamento xurídico. Tamén apela a promover o ben común para constituír a xustiza legal, polo que non importan só as vontades particulares, senón que é un concepto universal. Tampouco importan os cambios históricos.

Na miñaopinión o iusnaturalismo non é unha teoría válida, posto que segundo esta corrente as normas sonnos dadas e polo tanto son inmutables e universais, e sen embargo, as leis cambian, as costumes cambian, a cultura cambia. Aínda que o dereito ten unha parte natural (na miña opinión), é máis algo histórico e cultural.

O positivismo xurídico

Esta teoría nega a relación entre o Dereito e a moral, só haiDereito positivo. Contrapónse ao iusnaturalismo ao decir que non existe un Dereito natural moral previo. Segundo o positivismo, o Estado sería o creador do Dereito.
O positivismo adopta dúas formas: o positivismo ideolóxico e os positivismo metodolóxico.
O positivismo ideolóxico di que os criterios evaluatorios que segue o Dereito teñen consecuencias xurídicas e legais. A existencia do Dereitoimplica a existencia de xustiza e xera implicacións morais.
O positivismo metodolóxico é menos radical, non reduce a moral ó Dereito, senón que a xustiza moral é independente do dereito debido a que é un asunto individual no cal non poden entrar consideracións valorativas acerca do Dereito (prexuízos, etc). O problema radica en determinar a validez e eficacia do dereito, cousa que non depende ninten que ver coa xustiza, que é algo moral.
Para H. Kelsen existe un concepto de Xustiza social: a sociedade sería xusta se as leis que a regulan son eficaces e buscan a felicidade de todos.

Na miña opinión esta teoría tampouco sería válida. Aínda que non estou de acordo con Iusnaturalismo, si estou de acordo unha certa moralidade do Dereito. O Dereito é algo creado polos humanos, non...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ética y filosofía
  • Ètica Filosofia
  • La ética en la filosofía
  • Filosofía y ética
  • Etica en la filosofia
  • Etica Y Filosofia
  • Etica y Filosofia
  • La Ética Y La Filosofía

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS