Antropoloxía Cultural Xeral

Páginas: 24 (5967 palabras) Publicado: 4 de junio de 2012
Tema 1: Antropoloxía

1.1 CONCEPTO DE ANTROPOLOXÍA

Ciencia social que estuda a ser humano dende un punto de vista holístico. O obxectivo da disciplina e producir coñecementos sobre o ser humano en diferentes campos pero sempre dentro da sociedade. Polo tanto estudar a sociedade e imprescindible. É unha ciencia integradora do ser humano utilizando ferramentas e coñecementos de outrasmaterias.
Carácter global comparador e integrativo. Non se basean no estudo exclusivo dunha poboación raza clase ou lugar determinado así transcende da cultura e ten un carácter xerais. Cada vez hai mais postos non académicos, museos, servizos sociais, asesores de campos interraciais.

1.2 RAMAS DA ANTROPOLOXÍA

Como disciplina, a antropoloxía nace en EEUU como tal, tendo como influínte o modeloeducativo do mesmo país dando:
* Antropoloxía social e cultural: é a que máis investigadores ten en EEUU e en xeral. Estuda a sociedade e cultura humana, analizando e interpretando as similitudes e diferencias culturais. Nos estudos, os antropólogos realizan 2 tipos de actividade:

1. Etnografía: proporciona unha descriición dun grupo a través do traballo de campo.
2. Etnoloxía: buscao análisis e interpretación do resultado da etnografía (temática, lugar…) compara e contrasta os datos para crear teorías de tipo xeral. Buscan a mirada do particular ó xeral. Emprégase en antropoloxía médica ou urbana.

* Antropoloxía arqueolóxica: busca reconstruir, describir e interpretar o comportamento humano a través dos restos materiais, non tendo un interés meramente recolleitor.
Osmateriais a analizar poden ser restos orgánicos: armas, sepulturas… informan sobre o consumo, alimentación, nomadismo, asentamentos… Ou inorgánicos que informan sobre o consumo, alimentación e actividades das culturas.

1. Arqueoloxía histórica
2. Arqueoloxía industrial: evolución industrial…
3. Forense
4. Xenética na poboación
* Antropoloxía biolóxica: estuda a diversidadebiolóxica no tempo e espazo. Teríamos 5 puntos de interese:

1. Primatoloxía: estudo da vida social e biolóxica dos monos, primates…
2. Paleoantropoloxía: estudo dos homínidos a través de restos fósiles.
3. Xenética humana
4. Plasticidade biolóxica humana: maleabilidade xenética do ser humano.
5. Crecemento e desenvolvemento humano.
Esta antropoloxía biolóxica estácomunicada con outros campos, como a zooloxía, osteoloxía. A diferencia entre un antropólogo e un paleoantropólogo é que o paleontólogo estuda so os fósiles… sen embargo un paleoantropólogo estuda o fósil no seu contexto.

* Antropoloxía lingüística: estuda a linguaxe no seu contexto sociocultural, espazo e época e a través das mesmas.

1. Histórica
2. Descriptiva
3. Biolóxica
4.sociolingüística

Tema 2: Estudo da cultura

2.1 DEFINICIÓN DA CULTURA

A palabra cultura provén do latín “collere”, que significa cultivar. Dela deriva, “cultum”, agricultura, “cultus”, cultivado. Na época de Carlomagno, comézase a comparar ás persoas de modais “rudos”, cun campo sen labrar, e pola contra o espírito dunha persoa douta, cun campo cultivado e fértil. No século XIX, a palabracultura foi asociada ás actividades lúdicas que realizaban as persoas ben educadas. E despois o século XX engadiulle un matiz de “cultura de masas”. E despois o século XX engadiulle un matiz de “cultura de masas”, actividades destinadas a un gran número de persoas e transmitidas polos medios de comunicación de masas (mass media). Vese que en xeral ten unhas connotacións sempre positivas.
Unhadefinición actual de vertente antropolóxica sería: conxunto de elementos materiais e inmateriais que determina o modo de vida da sociedade (pautas sociais , linguaxe, sistemas sociais, relixiosos, etc.). Os antropólogos culturais restrinxen o significado de cultura a estas pautas sociais.
A cultura pertence a unha sociedade determinada. E sociedade sería un grupo de persoas que comparten un hábitat...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Antropoloxía cultural galiza
  • Lingüística Xeral
  • Antropoloxía platónica
  • antropoloxia
  • ANTROPOLOXIA
  • Culturalidad
  • culturalidad
  • Cultural

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS