antropoloxia

Páginas: 11 (2641 palabras) Publicado: 15 de junio de 2013
ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA

DEFINICIÓN DO SER HUMANO
-O ser humano como ser racional: Defínese ao ser humano como a única fonte de coñecemento e da razón e rexeitando a fe, dando por sentado que somos os únicos capaces de acada a verdade. Os seus principais representantes deste movemento foron Descartes (‘’Penso, logo existo’’) do s.XVII, Platón e Aristóteles. Para Aristóteles temos tres tiposde almas, a intelectual, a vexetal e a animal.

-O ser humano como ser emocional: Defende que non é posible vivir sen sentir, que na nosa vida non hai ningún instante neutro e que esta está chea de afectividade. Ademais as emocións resultan fundamentais á hora de tomar decisións importantes e de pensar con claridade. Os seus representantes foron Rousseau co mito do bo salvaxe, Hume co emotivismoque rexeita a intento de basear a ética na razón, Hobbes e Goleman (s.XVIII-XIX).

-O ser humano como animal que fala: Defende que é a lingua a que nos diferenza do resto dos animais e nos permite comunicarnos mellor ca os animais e adquirir un nivel máis alto de pensamento. Así xa Aristóteles pensaba que a lingua era unha das características que definía á humanidade, a linguaxe non só permitíatransmitir sensación de dor ou pracer como fan os animais, senón que tamén permite conceptualizar , dotando ao ser humano da capacidade moral.

-O ser humano como animal social: Tamén desde a época grega de Aristóteles afirmábase que o ser humano é sociable por natureza (iusnaturalismo) e que o individuo non pode escapar do proceso de socialización. Así a partir deste proceso o individuointégrase nun medio social e cultural que o sostén sendo un dos aspectos da evolución humana. Hai dúas teorías sobre a orixe da sociedade: A clásica defendida por Aristóteles segundo a cal a sociedade é un feito natural, e a moderna ou de contrato social, defendida por Rousseau, Hobbes ou Locke (s.XVIII) segundo a cal os homes decidimos voluntariamente convivir e formar unha sociedade, buscaban así afunción e xustificación das normas da sociedade e imaxinaban como sería a vida sen socialización.

-O ser humano como animal que traballa: Dende principios da historia o home tivo e ten a capacidade para o traballo. Dende a relixión cristiá veíase o traballo como castigo, pero para os protestantes e calvinistas, o beneficio do traballo implica a salvación e explica a desigualdade (Calvino eLutero). Marx, co marxismo (s.XIX), defende que antes que nada o se humano é un ser produtivo, e presenta a historia da humanidade como una explotación dunha das clases sociais sobre as outras, a burguesía sobre o proletariado, do cal os beneficios dos segundos van parar aos primeiros. Pola contra o liberalismo económico (s.XVIII-XIX) considera que as diferenzas sociais están xustificadas polasdiferentes capacidades laborais e intelectuais dos individuos.

-O ser humano como animal libre: O ser humano ten ademais a capacidade de decidir o seu destino e ser libre. Esta idea foi cuestionada e discutida por diferentes autores e movementos. Sartre con existencialismo (s.XX) defende que cada un é diferente segunda as decisión que este escolla, polo que a definición do ser humano non existe, estáaberta, e non temos escencia senón existencia. Pola contra outros autores defenden o determinismo, que o home non é libre xa que está sometido a unha serie de leis das que non pode escapar, distinguindo entre o determinismo físico (polas leis físicas), o determinismo psicológico (mecanismos mentales que non podemos controlar), determinismo social (normas e leis sociais) e o determinismo relixioso(a vontade de Deus determina o noso destino).

-O ser humano como animal espiritual: Defende que o ser humano ao ser consciente del mesmo ten a necesidade de buscar o sentido da súa vida mediante a hipótese da trascendencia, que se ten dende o neolítico. Platón xa pensaba no corpo como a cárcere da alma, os gregos e os romanos tiñan unha cultura politeísta, e o cristianismo implantou a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • ANTROPOLOXIA
  • Antropoloxía cultural galiza
  • Antropoloxía Cultural Xeral

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS