Arte románica

Páginas: 14 (3296 palabras) Publicado: 2 de mayo de 2011
Lucas Suárez Piñeiro.

ARTE ROMÁNICA

A arte Románica xurde durante a Idade Media e recibe este nome porque muitos dos elementos desta arte tómanse de Roma.
Este será un estilo que lle dará un sentido unitario a toda a arte de Occidente dende que se fragmentara trala caída do Imperio Romano.

-Etapas:
-1º Románico (S.X)
-Románico pleno (SS.XI-XII)
-Tardorrománico (S.XIII)

O Románicoaparecerá nunhas circunstancias especiais, xa que hai unha interrupción das invasións no continente, calma na Península Ibérica (pola prosperidade dos Musulmáns), fragmentación do Imperio Caolínxeo (tratado de Verdún) e firma das capitulares de Mersen e Quiercy coas que aparece o Sistema Feudal.
A igrexa vai ter un papel fundamental na sociedade (Teocentrismo) e a xente terá moita conciencia doque é o pecado e o sentimento de culpa (so expiable a través da penitencia).
No ano 1000 d.C pensábase que o mundo ía rematar, o que provoca un inmenso agradecemento a Dios e a Igrexa ao non produceirse a ecatómbe con ofrendas, man de obra...
As consecuencias deste agradecemento serán o desenvolvemento dos mosteiros, as cruzadas e as peregrinacións. Estas cruzadas e sobre todo as peregrinaciónsprovocarán un gran trasego de coñecementos que contribuíu a expansión do Románico.
Nas peregrinacións da Península Ibérica tivo moita importancia o descubrimento do sepulcro de Santiago. Sobre o S.VIII un tal Payo diríxese ao Bispo Teodomiro para comentarlle que había certas luces no monte Libredón. O Bispo estaba seguro de que se trataba de Santiago e unha vez que se afirma isto, o rei Afonso IItrasládase a Santiago para verificalo. Afonso ordena construir unha capela para rendirlle culto.
O descubrimento do sepulcro darálle folgos ao proceso da Reconquista e serve tamén para que en torno ao camiño aparezan os primeiros vestixios de Arte Románica na Península.

Arquitectura Románica

-Abadía de Cluny: Os mosteiros pretendían ser unha pequena cidade con todas as comodidades para nonter que saír del e Cluny vai ser o modelo dos grandes mosteiros e catedrais románicas.
Cluny estaba situado en Borgoña e era tan poderoso que incluso o abade de Cluny estaba xusto por debaixo do Papa. Este abade promoveu a reforma gregoriana que unificou todos os ritos Cristiáns.
No mosteiro todo está organizado unha vez máis en torno ao patio.
O templo ten planimetría basilical pero con dousbrazos sobresaíntes (neste caso 4) chamados transeptos.
A nave central é moi grande e alta, e as laterais máis baixas. Na cabeceira atopamos unha xirola, deambulatorio e pequenas capelas chamadas absidiolos .
No exterior o muro ten numerosos contrafortes que se corresponden coa distribución interior do espazo. Hai contrafortes que incluso se elevan sobre as naves laterais para soportar unhabóveda de canón de pedra con arcos faixóns. Os pes do templo, onde se atopa a entrada, ten dúas torres o que fai que esta fachada teña forma de H coa parte central (correspondente á nave central) máis baixa.

-Catedral de Santa Fé de Conques: A planimetría repite o modelo en forma de cruz latina, dividida en tres naves separadas por machóns, o transepto está dividido tamén en 3 partes e hai un ábsidacon absidiolos.
A entrada está orientada cara o solpor (Oeste) e a cabeceira cara ao Leste, que diferencia aos templos da Idade Media cos antigos.
A maioría das catedrais comezábanse pola cabeceira e íbase facendo pouco a pouco cun certo sentido de improvisación.
A planta de cruz latina axuda a crear un sentido simétrico.
O lugar onde se cruzan as naves (cruceiro) está marcado por un ciborioque ten carácter centralizador e pásase dun espazo cadrado a un octógono ou círculo mediante trompas .
O corpo de naves está artellado por piares aos que se adosan columnas que chegan as partes máis altas e sobre elas descargan os arcos faixóns (Naranco) que son responsables de marcar os tramos.
A nave central aparece cuberta con bóveda de canón, en cambio nas laterais, que teñen dous pisos,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Arte romano
  • El arte romano
  • Arte Romano
  • Arte Romano
  • Arte romanico
  • Arte Romanico
  • arte romano
  • Arte Románico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS