As elites e a corrupción: documentos sobre as eleccións en vigo (1863)

Páginas: 6 (1326 palabras) Publicado: 4 de diciembre de 2011
AS ELITES E A CORRUPCIÓN
Documentos sobre as eleccións en Vigo (1863)

Un total de dúas exposicións e dez textos, pertencente todo ó 1863, e ca temática común das eleccións acaecidas o 10 de outubro dese mesmo ano, na cidade de Vigo.

Aínda que se irán analizando individualmente, pódese concretar que o contido de todos os documentos está composto por queixas de electores sobre diversosfeitos sucedidos antes e durante as eleccións, ó igual ca unha das exposicións, sendo a outra, un testemuño do Secretario da mesa electoral da xornada democrática, na citada cidade.

Debido ó panorama político presente na segunda metade do século XIX, onde o caciquismo e a quenda política ían da man, non é de estrañar que nos tempos de xornada electoral chegasen ás autoridades pertinentes multitudede queixas de electores.

O contexto do que falamos coincide ca segunda parte do reinado de Isabel II, un período de desenvolvemento institucional e cambios políticos permanentes.

Remontándonos un lustro atrás, concretamente o 30 de xuño de 1858, o xeneral Leopoldo O´Donnell, cumprindo o encargo de Isabel II, formaba un novo goberno para España. Foi o único que case esgotou o tempo delexislatura máximo (Cinco anos) que marcaba a Constitución de 1845. Bastaron os primeiro meses para que se deran a coñecer os trazos de tolerancia, transixencia e eclecticismo que animaban á Unión Liberal, unha forza política xa xestada dende había dous anos.

A idea de reconstituír a unidade entre os liberais era xa vella, naceu en plena Guerra Carlista, volveu a xurdir posteriormente nos momentos demaior crise, pero só adquiriu consistencia durante o bienio progresista, cando foi apoiada polo prestixio do propio xeneral.

Naquela situación histórica era inimaxinable a existencia dunha formación política que non contara cun líder militar acreditado para preservar o programa liberal. O´Donnell xa se gañara unha reputación excelente combatendo ós carlistas, ademais de descender de boa familiamilitar irlandesa e ser o actor principal do pronunciamento militar de 1854, que daría paso ó bienio progresista dominado por Espartero, como presidente do Goberno, e a el mesmo, como ministro da Guerra. A nova chegada ó poder permitiulle empregar os métodos políticos e administrativos do Estado para fechar a organización do novo partido, así como establecer a nivel estatal as redes necesariaspara asegurarlle unha maioría folgada no Parlamento.

Pola súa composición, a Unión Liberal era, en esencia, unha formación que mesturaba tanto moderados como progresistas, e que pretendía ocupar o centro liberal, entre moderados reaccionarios e progresistas radicais, así como conciliar a liberdade e a orde. Máis que inventar un novo sistema, o que intentaba a Unión Liberal era renovar oexistente, limitando a intervención da Coroa, e da Corte, no proceso político, atraendo ós progresistas mediante unha acción reformista. Na práctica, nembargante, O´Donnell preocupouse moito máis de afianzar a alianza dos liberais propios do seu partido que de satisfacer aqueles ideais.

Este acusado personalismo, que prevaleceu sobre outro tipo de estruturas máis representativas, segundo Cánovas, e atraxectoria oportunista con tendencias dereitistas do partido, foron as causas principais das disidencias, que contribuíron nun alto grao á súa caída no 1863; retomando o poder Narváez.

É neste mesmo ano, cando se celebran as xa mencionadas eleccións dos Deputados a Cortes, ocupándonos, polos numerosos escándalos e correspondentes queixas, as sucedidas no distrito de Vigo. Sendo os candidatosoficiais de ambas partes, don Justo Pelayo Cuesta e don José Elduayen, representante, até o momento, no distrito.

No que respecta á revisión dos textos, e comentados en orde cronolóxica, pódense dividir en catro bloques diferentes:

1º- Queixas de particulares:

-Documento nº5 (20 de setembro): D. Vicente Ramos exponlle ó Gobernador Civil que sufriu vexacións, por parte do Cabo da rolda de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Documentos AS
  • Las profec as sobre el Mes as Salvador
  • TEOR AS Y CONCEPCIONES SOBRE EL ESTADO
  • TEOR AS SOBRE LA SOBERAN A DEL ESTADO
  • TEOR AS SOBRE LA ADOLESCENCIA
  • As de as
  • as
  • Tu as

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS