Baleas

Páginas: 6 (1479 palabras) Publicado: 2 de noviembre de 2015
Os misticetos (Mysticeti), coñecidos comunmente como cetáceos con barbas ou como baleas,[2] son unha suborde da orde doscetáceos que se caracterizan pola presenza de barbas na boca, en lugar de dentes, como ocorre na outra suborde de cetáceos, a dosodontocetos.
As baleas adoitan seren de gran tamaño (de 7 a 30 metros) e viven exclusivamente no mar.
O termo balea debe reservarse para as especiesdos misticetos. E segundo os cetólogos, máis concretamente para os integrantes da familia dos Balaenidae (con algunha excepción, como os das familias monoespecíficas dos Eschrichtiidae e dos Neobalaenidae, que son moi semellantes).
Outros cetáceos algo menos semellantes, os integrantes da familia máis abundante en especies, a dos Balaenopteridae, denomínanse tecnicamente rorcuais, pero taménresulta habitual denominalos como baleas.
Así mesmo, na literatura de divulgación (e mesmo nalgúns casos na científica) en distintos idiomas tamén está implantado o uso debalea para designar a algunhas especies de cetáceos con dentes (odontocetos), como é o caso de balea asasina para designar ácandorca (que nin é balea nin é asasina), de balea de esperma para o cachalote, ou de balea piloto parao caldeirón.
Tamén reciben este nome, ás veces, algunhas especies de zifios.
Etimoloxía
Misticeto
O termo Mysticeti aparentemente deriva dun erro de tradución nun texto antigo latino da obra de Aristóteles Historia Animalium, na que "ο μυς το κητος" ("a balea coñecida como 'o rato' ou 'balea estriada' ") foi confundida con "ο μυστικητος" ("os Mysticetus").[3]
Un nome alternativo da subordeé Mystacoceti derivada do grego antigo μυσταξ mystax, "bigote" e κητος ketos, "monstro mariño, balea".
Balea
A palabra balea deriva do latín balaena, e esta do grego φάλαινα phálaina, "balea" (o grego φάλαινα está relacionado con φάλαγξ phálanx, "cilindro groso de madeira", "rolo", "formación en orde de batalla").[4]
As barbas ou baleas
Artigo principal: Barbas de balea.
O trazo máis característicos dasbaleas, á parte do seu gran tamaño, é a presenza dunhas estruturas especiais na boca que substitúen os dentes: as chamadas barbas oubaleas. Non se trata de dentes transformados, senón de placas de queratina (a mesma substancia que forma as nosas uñas ou o pelo) que penduran do bordo da mandíbula superior pechando a cavidade bucal. Cando a boca está pechada, as barbas quedan cubertas polos "labios"inferiores. O bordo interior de cada unha destas placas está esfiañado en cerdas ríxidas que forman unha peneira moi mesta capaz de reter os corpos sólidos presentes na auga que envían.
O tamaño –en anchura e lonxitude- e o número son moi variables segundo a especie, así como a cor, e son elementos a ter en conta á hora de identificar as distintas especies. Os distintos tamaños das barbas, xunto aoutras modificacións morfolóxicas como a maior ou menor convexidade do cranio e a presenza de máis ou menos sucos na gorxa, son consecuencia dos diferentes hábitos alimenticios destes cetáceos.
As baleas aliméntanse de pequenos crustáceos (krill) e, en menor medida, de pequenos peixes. O sistema que utilizan é avanzar coa boca aberta e enchela dun gran volume de auga (no que axuda a dilatación dapel da gorxa e a particular estrutura da articulación das mandíbulas). A seguir, pechan a boca e coa axuda da lingua expelen a auga, que é filtrada polas barbas retendo todos os animais que viñan nela.

 

 

 

Clasificación taxonómica
Os misticetos divídense en catro familias, que engloban 6 xéneros e 11 especies:
Balaenidae
Neobalaenidae
Balaenopteridae
Eschrichtiidae
Balaenidae
Artigoprincipal: Balénidos.
Tamén chamadas baleas verdadeiras, denominación que non implica que as outras especies de baleas se consideren falsas, senón que estas eran as máis apropiadas para a súa caza, por seren máis lentas e aboiaren unha vez mortas. A familia está constituída por dous xéneros con tres especies.

Balea de Groenlandia cazada en 2002.
Balaena mysticetus (Linnaeus 1758)
galego: balea de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • BALAS
  • bala
  • La balada
  • Balada
  • Balada
  • Baladas
  • La balada
  • La bala

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS