Biomasa

Páginas: 17 (4152 palabras) Publicado: 24 de noviembre de 2010
Nº 242 Luns, 14 de decembro de 2009 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Orde do 27 de novembro de 2009 pola que se convocan bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia conducentes ao título de máster universitario. O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena daComunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias. O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola comunidade autónoma e asignadas á Consellería deEducación polo Decreto 62/1988, do 17 de marzo. A Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, determina a constitución do sistema universitario de Galicia con tres universidades: a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, establece a ordenación das ensinanzas universitariasoficiais. As ensinanzas de máster teñen como finalidade a adquisición polo estudante dunha formación avanzada de carácter especializado ou multidisciplinar orientada á especialización académica ou profesional, ou ben a promover a iniciación en tarefas investigadoras. O establecemento dos novos títulos oficiais de posgrao constitúe unha das modificacións de máis transcendencia no proceso europeode cambio estrutural das ensinanzas universitarias e supón un gran reto para as universidades e a administración educativa, que se ven obrigadas ao desafío de impulsar estudos de posgrao de máxima calidade. En Galicia, a reforma plásmase na aprobación dos decretos 51/2006, do 23 de marzo, 13/2007, do 1 de febreiro e 53/2008 do 13 de marzo, polo que se autoriza a implantación de estudos oficiais deposgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia, con base no establecido no Decreto 66/2007, do 29 de marzo, polo que se establece o procedemento de autorización para a implantación de estudos universitarios oficiais de posgrao conducentes ao título de máster universitario ou de doutor. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral deUniversidades, contribúe ao financiamento da formación avanzada de carácter especializado ou multidisciplinar, favorecendo a posta en marcha do proceso de harmonización do sistema universitario de Galicia ao Espazo Europeo de Educación Superior, convocando bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos oficiais nas universidades do sistema uni-

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

18.925

versitariode Galicia conducentes ao título de máster universitario. DISPÓN: Artigo 1º.-Obxecto e destinatarios. 1. Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 50 bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos oficiais conducentes ao título de máster universitario, coa finalidade de contribuír á especialización dos estudantes na súa formación académica, profesional ou investigadora. 2. Ossolicitantes deberán estar matriculados nun máster universitario oficial impartido nalgunha das universidades do sistema universitario de Galicia nun mínimo de 60 créditos. Artigo 2º.-Orzamento. Para a concesión destas bolsas destinarase un total de 180.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.422C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2010 aprobado poloConsello da Xunta de Galicia e presentado no Parlamento de Galicia para a súa aprobación, na cal existe crédito axeitado e suficiente, tramitándose conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 (DOG do 29 de novembro) e do 25 de outubro de 2001 (DOG do 29 de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • biomasa
  • Biomasa
  • Biomasa
  • Biomasa
  • Biomasa
  • BIOMASA
  • Biomasa
  • Biomasa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS