BURRACRÚA

Páginas: 3 (600 palabras) Publicado: 6 de mayo de 2013
Burracrúa

Bieito Iglesias retoma un tema moi recorrente para a meirande parte dos “humoristas” españois: a identificación que se fai de Galicia como un país inzado de paifocos. O feito de quetanto no Estado Español como alén dos mares, galego sexa sinónimo de parvo, deu lugar a moita controversia; no entanto, esa concepción que teñen de nós témola ben merecida, seica; habemos comprenderpor que cren que somos parvos se nos poñemos en contexto.
Resulta moi sinxelo de entender se reparásemos na historia do que un día foi Suevia, un país ceibe e noso, e que agora non se sabe o que é.Velaquí as posibles causas de que nos consideren un pobo non moi espelido. A nosa terra vén sendo, dende hai ben tempo, unha nación humillada, maltratada e asoballada por ese estado que fica a carón denós e, malia sermos decote aldraxados, haiche moito galego ó que lle veñen arreguizos de emoción cando escoita o himno de España, algo incomprensible. Esta desunión que nos caracteriza xa era unsentimento común entre os nosos devanceiros celtas que, no canto de unírense contra o invasor romano, cada tribo preferiu facer a guerra pola súa conta, de aí o resultado que obtiveron; esa é a mesmadesunión que impide que a sociedade galega avance cara adiante, e que está reflectida no panorama político galego actual, cun partido que é unha sucursal galega do da ”Calle Génova” á fronte do goberno donoso país.
Outra penuria que sufriu Galicia foi o casamento de Sabela I de Castela con Fernando de Aragón, os cales na súa vontade de colonizar todo o territorio que estivese ó seu alcance,substituíron á nobreza autóctona de Galicia polo seu equivalente castelán, feito que, entre outras cousas, contribuíu ó que nós denominamos Séculos Escuros, un período dunha cativa (por non dicir nula)produción literaria. Deixando aparte a ben sabida Guerra civil e as súas consecuencias culturais e socioeconómicas, reparemos na década de 1980, tempo no que un político cuxo segundo apelido (así como a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS