Caderno De Educacion Ambiental

Páginas: 26 (6487 palabras) Publicado: 10 de octubre de 2012
A PAISAXE

C a d e r n o d e E d u c a c i ó n A m b i e n t a l p a ra o e s t u d i o
e a i n t e r p re t a c i ó n d a p a i s a xe .

Autores:

César García Camporro
Xulio Gutiérrez Roger

Deseño e maquetación: Ineco
Traducción: Ilda Varela Nogareda
Ilustracións: Ineco - Enrique Mingote
Fotografías:

Alvaro F. Polo
Ramón de Santiago
Fernando Ramos

Impresión: VenusDepósito Legal: C-1.029 - 2000

ÍNDICE

Introducción
01. Definímo-la paisaxe
02. Percibímo-la paisaxe
03. Características visuais básicas da paisaxe
04. Elementos da paisaxe
05. Os elementos da paisaxe están relacionados entre si
06.Tipos de paisaxe
07. Unidades da paisaxe
08. A paisaxe cambia
09. Avaliamos unha paisaxe
10. Estudiamos unha paisaxe
11. Bibliografía

Páxinas

7
9
1318
20
27
28
29
36
38
43
57

I

n

t

r

o

d

u

c

c

i

ó

n

INTRODUCCIÓN
A preocupación e incluso a indignación que as agresións contra a
paisaxe espertan en moitas persoas son proba evidente da valoración crecente que este recurso patrimonial comeza a espertar na nosa sociedade.
Sen embargo non é frecuente considera-la paisaxe como obxecto de estudio oude conservación. É máis, socialmente nin sequera existe unha idea
clara do significado do moderno concepto de paisaxe.
Por outra banda, os estudios sobre a paisaxe son propostos frecuentemente como fío conductor para a introducción da educación
ambiental nos currículos. Pero a pesar de tales argumentos é sorprendente
o reducido número de materiais didácticos que abordan este tema.
Estas sonas dúas razóns principais que motivaron a elaboración
deste caderno, co que se pretende achegar un material útil para introducirse no estudio e a interpretación da paisaxe.
Este traballo comeza coa definición, descrición e identificación dos
elementos, tipos e unidades da paisaxe en torno a parámetros obxectivables e mensurables. De seguido preséntanse diversas propostas de actividades einstrumentos de estudio, análise, interpretación e avaliación.
Finalmente acométese o estudio das relacións entre os elementos da paisaxe, a súa evolución, a ordenación do territorio, e as implicacións entre
ecoloxía e paisaxe.
A localización curricular idónea para este traballo estaría no primeiro ciclo do ensino secundario obrigatorio, como toma de contacto ou
visión xeral do contorno máis próximoó alumnado. Estas actividades deberían ir seguidas, tanto no mesmo curso como en cursos posteriores, por
outros estudios máis pormenorizados relativos a cada un dos elementos da
paisaxe ou ben por actividades focalizadas segundo diferentes ópticas (xeoloxía, botánica, economía, historia, etc).

7

I

n

t

r

o

d

u

c

c

i

ó

n

Na elaboración deste materialdidáctico tivemos moi presente que
se trata dun traballo de síntese. Precisamente a maior potencialidade dos
traballos sobre interpretación da paisaxe está na espontaneidade e naturalidade con que as actividades de tipo disciplinar se integran nun marco
holístico e interdisciplinar.
As actividades propostas están concibidas para seren realizadas en
pequenos grupos con frecuentes interaccións degran grupo (a aula completa). Preténdese favorecer actitudes solidarias e cooperativas, desenvolver valores ecolóxicos, sociais e cívicos, compartir experiencias, sensacións
e inquedanzas. Pretendemos tamén que a construcción de xuízos de valor
se fundamente en datos obxectivos.
Na medida en que este caderno resulte de utilidade, teremos conseguido o noso propósito.

Os autores.

8 Definímo-la

paisaxe

1. DEFINÍMO-LA PAISAXE
A palabra paisaxe é usada na linguaxe corrente en multitude de
ocasións. Seguramente todos temos unha idea intuitiva máis ou menos clara
do que significa, aínda que non resulte fácil expresa-lo seu significado. En
xeral o concepto "paisaxe" asóciase a unha imaxe visual formada por un
conxunto de elementos relacionados.
ACTIVIDADE 1 Aquí tedes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Educacion ambiental
  • Educacion ambiental
  • Educacion ambiental
  • Educacion ambiental
  • Educacion ambiental
  • Educacion Ambiental
  • Educacion Ambiental
  • Educacion Ambiental

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS