Comentario De Texto Das Cortes De Cadiz

Páginas: 7 (1643 palabras) Publicado: 19 de noviembre de 2012
Os textos cómpre situalos nun longo proceso histórico caracterizado polo enfrontamento entre dous modelos políticos e ideolóxicos ben diferenciados: o absolutismo e o liberalismo. Abranguen dende a invasión napoleónica en 1808 (Doc. 1) ata a morte de Fernando VII e a posterior conversión da súa muller na rexente do reino (Doc. 5). Xa que logo, estaríamos na etapa que marca o inicio da revoluciónliberal española que tivo a súa máxima expresión nas Cortes de Cádiz (Doc. 2) pero co retorno a España de Fernando VII, emerxeu un grave problema político: os liberais esixían que o rei acatase e aprobase os decretos de Cádiz e a Constitución de 1812, pero os absolutistas defendían que o rei debía recuperar a plenitude da súa soberanía e declarar nulas todas as reformas (Doc. 3), este levantamentopropiciou a restauración do absolutismo e do Antigo Réxime que mantívose ata 1820 cando maila ás protestas absolutistas, ante o éxito dos pronunciamentos liberais, Fernando VII encontrábase sen apoios e tivo que xurar a Constitución (Doc. 4) a favor do liberalismo que mantívose ata 1823. En 1823, restaurouse o goberno absolutista e abrangueu unha década ata a morte de Fernando VII. A calcarrexou unha disputa pola sucesión, que levou a que María Cristina sentise a obrigación de xurar e restaurar a Constitución de 1812 a favor dos liberais, facendo que estes recuperasen o poder.
A comezos de 1808, a entrada e presenza das tropas francesas en España para invadir Portugal causou un forte malestar popular. Ese temor foi aproveitado polos partidarios do fillo do rei, Fernando VII, parapromover un golpe de estado coñecido co nome do Motín de Aranxuez en marzo do mesmo ano, o cal conseguiu que Carlos IV abdicara no seu fillo e con temor ante a evolución dos feitos, Carlos IV pediu axuda a Napoleón. O cal aproveitou as circunstancias para que Fernando lle devolvera os poderes ao seu pai e este cedera os poderes a Napoleón a cambio de posesións, rendas e privilexios en Francia. Foientonces cando o rei de Francia nomeou ao seu irmán, Xosé Bonaparte, rei de España.
Co novo reinado, a familia real trasladouse a Francia, o que provocou un gran malestar e descontento en Madrid que acabou coa Guerra da Independencia que non so loitaban contra os franceses, senón que tamén tentaron a reconstrución do Estado, a través da promulgación dunha Constitución para o Estado español e unhamodernización global das súas estruturas, de acordo cos preceptos liberais implícitos nas ideas iluministas e racionalistas.
A tarefa das Cortes de Cádiz foi crear un corpo lexislativo de carácter liberal sobre o que crear un novo orde social que acabase coa sociedade estamental que caracterizara a España ata ese momento. O produto deste labor foi a Constitución de 1812, chamada «A Pepa» poispromulgouse na festividade de san Xosé. Esta constitución foi o primeiro texto constitucional co que contou España. Estaban representados os tres estamentos. Os liberais, os conservadores e os burgueses.
As Cortes crearon un novo sistema político baseado no principio da soberanía nacional, coa monarquía como forma de goberno, pero con división de poderes. Tanto o Rei como as Cortes posuían a facultadepara crear leis de forma conxunta. Ademais, recoñecíanse dereitos como a liberdade de imprenta, a igualdade xurídica, a inviolabilidade do domicilio etc.
Non obstante, estes adiantos foron suspendidos polo Decreto de 4 de maio de 1814 do rei Fernando VII, que decreta ilegais as Cortes de Cádiz, e a súa obra lexislativa posterior, fundamentalmente a Constitución de 1812.
Moi poucas son aspersoas que manifestan a súa hostilidade ao monarca tras o decreto do 4 de maio. Hai que ter en conta que a Constitución de 1812 non beneficiaba en absoluto aos campesiños, xa que lles quitaba a propiedade xurisdicional das terras que lles permitía facer un uso usufrutuario das mesmas, sen prexuízo dos impostos que tiñan que pagar ao nobre. Por esta razón, o campesiñado apoiou a Fernando VII e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentario: Cortes De Cádiz
  • Comentario cortes de cadiz
  • Cortes De Cadiz Comentario
  • Comentario De Texto Algunos Articulos De La Constitucion De 1812 De Las Cortes De Cadiz
  • Comentario de texto constitución de cadiz 1812
  • Comentario De Texto. Proclama De Los Sublevados En Cadiz.
  • Las Cortes De Cadiz
  • cortes de cadiz

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS