cxzcxz

Páginas: 10 (2399 palabras) Publicado: 4 de mayo de 2014












Jesús Sánchez Crespo
Nº21 4ºESO

























ÍNDICE


Preguntas 1-3……………………………………….. páx. 3

Pregunta 4……………………………………………. Páx. 4

Pregunta 5…………………………………………….. Páx. 5

Preguntas 6-9………………………………………… Páx. 7

Preguntas 10-11…………………………………….. Páx. 8

Gran Pregunta………………………………………… Páx. 9

Fotos……………………………………………………… Páx. 10Bibliografía…………………………………………….. Páx. 12






































1.- Como se formou a illa de ¨El Hierro¨?

El Hierro, como o resto da Canarias, é unha illa de orixe volcánica. Estímase unha idade xeolóxica de 1,12 millóns de anos, polo que é a illa canaria máis nova. Ao contrario do resto das illas, que se encontran nunha terceira fase decreación, El Hierro séguese mantendo na primeira. Cando o magma rompeu o fondo mariño, creouse unha brecha en forma de "Y" pola que empezou a saír lava. A fase máis activa da formación da illa sitúase cara ao 10000 a. C. As erupcións máis novas duraron dende o 4000 a. C. ata o 1000. A illa foise formando tomando a forma de "Y" deixada polas brechas no leito mariño. As coadas de lava cubriron aszonas costeiras do sur e oeste da illa, aínda que tamén da zona norte. As diferentes erupcións foron expulsando máis materiais os cales foron ampliando o tamaño da illa. En 1793 segundo as crónicas tiveron unha serie de fenómenos sísmicos na zona Del Verodal aínda que en ningún dos documentos da época se rexistrou erupción ningunha. Hernández Pacheco (1982) leva a cabo unestudo vulcanológico localizando a posible erupción no volcán Lombo Negro, situado en Praia Verodal datando o dito evento volcánico por 14 CULOMBIOS en 1800 anos. (d. J.C.). Non obstante outros autores (Romeiro, 1991) poñen en dúbida a dita erupción non estando cientificamente a dita erupción confirmada


2.- Define volcán. Cantos volcáns ten en total a illa ?

É unha estrutura xeolóxica pola que emerxe o magma (rochafundida) en forma de lava, cinza volcánica e gases do interior do planeta.
El Hierro é a illa con maior densidade de volcáns de Canarias, existindo máis de 500 cráteres a ceo aberto e outros 300 cubertos por coadas de lava máis recentes. Actualmente existen 70 covas e tubos volcánicos catalogados, destacando a Cova de Don Xusto con 6 quilómetros de lonxitude.


3.- Como era o relevo submariño nesazona antes da aparición dun volcán? E trala aparición do volcánO volcán que se oculta nas profundidades Del hierro expulsou ata agora tres tipos de materiais diferentes ao longo dun mes de vida, que se cumpre hoxe. Dende que o pasado 10 de outubro se producise unha fisura submarina na codia terrestre pola que empezou a saír material magmático, segundo confirmaron os científicos que lle toman opulso ao proceso eruptivo, puideron tomar polo menos tres tipos de mostras diferentes ao longo do tempo, cuxa composición é tamén diferente.

Se nun principio apareceron as denominadas pola poboación herreñacomo restingolitas, aquelas pedras que se encontraron sobre o Mar de Las Calmas na erupción submarina situada ao sur de La Restinga, no municipio Del pinar, que eran totalmente brancas no seuinterior pola acumulación de gases e estaban recubertas dun material negro, dende a pasada semana o volcán submarino expulsa grandes pedrolos de cor marrón escura case negra. Este material é de composición netamente basáltico e chegan a pesar ata catro ou cinco quilos, teñen ata medio metro de diámetro e son moi fráxiles porque o seu interior é oco debido aos gases que fan que saian despedidasdende as profundidades ata a superficie.

O pasado martes, con motivo das explosións submarinas que se produciron na zona de burbullo situada sobre a mancha de xofre que invade o Mar de Las Calmas, a pouco máis dunha milla da costa deLa Restinga, e que desprenderon material por enriba dos vinte metros de altura sobre o nivel do mar, puidéronse apreciar a flote pedras deste tipo e de gran...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS