De Carlos Iv A Sabela Ii

Páginas: 16 (3989 palabras) Publicado: 2 de febrero de 2013
COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓTICO: 1ª AVALIACIÓN

En 1788 comezou a reinar Carlos IV. Confiou nas cuestións de goberno, no consello e nas opinións da súa muller, María Luisa de Parma. Tocoulle vivir unha época de grandes cambios originados pola Revolución francesa. Ao longo so seu reinado produciuse a crise da monarquía tradicional española.
A finais de 1792, Manuel Godoy foi nomeado Secretariode Estado. Alcanzou o poder grazas á protección e aos favores da raiña María Luísa pasano de cadete de Garda Real a tenente xeral, grande de España e duque de Alcudia.
A acumulación crecente de poderes e títulos por Godoy, e a súa influencia absoluta sobre os reis, xerou un forte resentimento en Fernando, príncipe de Asturias. Temeroso de ver limitadas as súas posibilidades de gobernar, foicreando un grupo opositor dentro da Corte formado por aristócratas. Este partido fernandino recorreu ás sátiras para desprazar a Godoy do goberno e facer abdicar a Carlos IV. A posibilidade de que Godoy fose rei dos Algarves acelerou os planos subversivos de Fernando, pero estes foron descubertos e abortados en outubro de 1807.
A comezos de 1808, a entrada e presenza das tropas francesas en Españacausou un forte malestar popular. Godoy- que sospeitaba da xogada de Napoleón de facerse co dominio de España- propuxo a Carlos IV a retirada cara América. O traslado dos reis a Aranxuez incrementou os temores populares.
En marzo de 1808 produciuse o Motín de Aranxuez. Grupos de alborotadores asaltaron o pazo real e, mediante un golpe de Estado, abrigaron a Carlos IV a abdicar no seu filloFernando, que foi recoñecido como rei de España. Temeroso da evolución dos acontecementos, Carlos IV pediu axuda a Napoleón, quen reuniu en Baiona (Francia) os membros da familia real española, Alí, Fernando foi obrigado a devover a coroa a seu pai Carlos uen cedeu os seus dereitos a Napoleón. Despois, Napoleón nomeou o seu irmán Xosé I rei de España.
Napoleón convocou en Baiona unha Asamblea ou Xuntade Deputados españois representantes dos tres estamentos tradicionais. Despois de xurar fidelidade ao novo rei, Xosé I Bonaparte, a Asamblea de Baiona aprobou unha lei na que se regulamentaban as relacións entre o novo rei e os seus súbditos.
Aínda que se trataba dunha lei fundamental do reino, non era propiamente unha Constitución, tiña o carácter dunha Carta Outorgada na que Xosé I seautolimitada no exercicio dos seus poderes. Esencialmente conservadora, establecía unha monarquía na que o rei seguía sendo o centro de todo o sistema: Recollía unha certa separación e limitación de poderes coa creación dun Senado; Quedaban garantidos a oficialidade da relixión Católica. En resumo, era unha mestura de trazos tradicionais e novos que supuxeron unha ruptura coa tradición política do AntigoRéxime.
Estas medidas tiveron unha escasa eficacia práctica debido ás dificultades da guerra. Xosé I Bonaparte estivo apoiado por un reducido grupo de españois, os afrancesados.
A derrota dos franceses provocou a saída de España de Xosé I e o exilio dos afrancesados. A finais de 1813 devolveu a coroa española a Fernando VII.
As élites dominantes crearon, co apoio do pobo, novas instituciónsde goberno –as Xuntas- que se encargaban non só da loita contra o francés, senón de propugnar medidas para reformar o sistema político vixente.
En Galicia, a sublevación contra os franceses iniciouse na cidade da Coruña. Os sublevados, formaron rapidamente unha Xunta suprema do Reino, da que formaba parte o capitán Xeneral e representantes das sete cidades cabeza das tradicionais provinciasgalegas. Esta Xunta Suprema asumiu a soberanía, organizou a defensa e coordinou o labor das Xuntas locais.
Para maior coordinación, as Xuntas provinciais formaron a Xunta Suprema Central Gobernativa de España e Indias que exerceu o goberno de España desde setembro de 1808. A partir de Janeiro de 1810 foi substituida polo Supremo Consello de Rexencia.
Durante a guerra, entre as elites dirigentes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sabela II
  • Carlos IV
  • Carlos Iv
  • Carlos IV
  • carlos IV
  • Carlos Iv
  • Carlos II
  • Inicios Del Reinado De Carlos Iv

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS