Derecho Civil

Páginas: 30 (7369 palabras) Publicado: 9 de noviembre de 2012
rLección 3.

3.2 Clases de interpretación polo seus resultados.

A interpretación refírese a unha conduta (costume) e a un texto en forma declarativa, cando o resultado coincide con teor literal e modificadora, cando introduce algunha modificación entre o teor literal e o seu resultado. A modificación pode consistir en estender, amplía os límites da letra da lei, ex. Art 317, art.323. Orestritiva, redúcese os límites da letra da lei, ex. Art 1459.2º, a xurisprudencia exclúe de esta prohibición os supostos en que o mandatario é o vendedor.
Para a aplicación da interpretación restritiva ou extensiva haberá que acudir ás regras xerais da interpretación art.3.1 cc.
Outra interpretación diferente en canto os resultado é a interpretación lata ou estrita, unha palabra poder tervarios significados ou acepcións. Lata: Dos distintos significados dunha palabra elíxese o máis amplo, ex. Art 1967. 2 cc; estrita, elíxese o menos amplo.
Interpretación abrógante, en caso de que a interpretación dunha norma sexa incompatible con outras, non se aplica.

3.3 A interpretación e os seus diferentes perfís segundo o plano e situación do intérprete.

Os órganos do Estadorealizan unha interpretación das normas, pode ser desde un plano xeral ou desde casos singulares (referido a resolución de controversias).
Desde una plano xeral estamos ante a interpretación autentica cando é o propio órgano o que dita unha norma, elabora outra para interpretar a primeira, poder ser sucesivamente ou na mesma lei, ex. Art. 347 cc, interpretación autentica realizada desde un planovinculante. Órgano subordinado, habilitación de un ministro para a interpretación dunha lei, so será vinculante para os órganos subordinados ó ministerio (xestores da recadación de impostos) non ós tribunais que interpretarán directamente a lei.
Dende un plano singular está a interpretación de tribunais na resolución de litixios, interpretación xudicial ou usual (usus fori).

3.4 Integracióndas normas xurídicas.

Integrar significa que falta unha norma e se suple con outra norma.
a) O problema das lagoas legais: Hai unha falta de regulación dun suposto de feito. As lagoas poden ser en relación á lei ou en relación ó ordenamento xurídico.
Sobre as lagos da lei, hai unha inexistencia dunha lei para aplicar a un suposto concreto e as causas son múltiples e inevitables, as leis nonpoden prever feitos futuros, na medida en que se vai aplicando apréciase un descoido na redacción da lei...en conclusión existen as lagoas da lei.
Sobre as lagoas de ordenamento xurídico, hai lagoas, no dereito español dado que o sistema de fontes establece art 1.1 que serán a lei, o costume e os principios xerais do dereito, considérase que mediante este sistema de fontes se debe dar resposta acalquera asunto ou controversia. O art 1.1 está en relación con art 1.7, o xuíz está obrigado a resolver en todo caso os asuntos de como se aplica o sistema da fonte do Dereito.
b) Os procedementos de integración e heterointegración do sistema xurídico:
Heterointegración é acudir a outro sistema xurídico para resolver a lagoa, ex. Acudir as fontes romanas no dereito anterior a codificación.Pódese aplicar ó recurso por parte dos operadores xurídicos autonómicos ó dereito civil estatal
Autointegración, consiste na expansión do dereito positivo, pódese facer a través do método analóxico, pola integración de principios xerais, polo recurso á equidade (Art 3.2 cc)

A analoxía como procedemento de aplicación do Dereito: Clases.

O problema é apreciar a similitude en identidade derazón entre os casos.
A analoxía pode ser: de lei (chamada analoxía legis) a) Un suposto non ten regulación por unha norma concreta, b) Hai outra norma que regula un suposto distinto, c) Entre o suposto non regulado e o regulado apréciase unha similitude: Aplícase a norma ó suposto que inicialmente non estaba regulado; ou de dereito (analoxía iuris) consiste en partir dun conxunto de normas e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Derecho civil
  • Derecho civil
  • Derecho civil
  • Derecho civil
  • Derecho civil
  • Derecho civil
  • Derecho civil
  • Derecho civil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS