Descartes

Páginas: 34 (8364 palabras) Publicado: 4 de marzo de 2013
HISTORIA DA FILOSOFÍA. Tema 4.- FILOSOFÍA MODERNA I: Racionalismo e Empirismo.

Marco histórico e conceptual

Renacemento e Reforma. A vinculación do empirismo e o racionalismo ca Revolución Científica. DESCARTES: O problema do método, a idea de substancia e o problema da veracidade divina. Fenomenismo e causalidade en HUME. A idea do “Estado de Natureza” como fundamento do novo estadoburgués: a idea do Contrato Social en LOCKE.

Comprensión

RENACEMENTO E REFORMA.

MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL.

Defínese como Renacemento o período da historia de Occidente que vai desde finais do s. XIV a finais do s. XVI, aproximadamente. Para moitos autores empeza en 1453 coa conquista turca de Constantinopla, que tivo como consecuencia a emigración de intelectuais gregos cara a occidente,especialmente cara a Italia; para outros é 1492, co descubrimento de América e o cambio de visión que ata entón se tiña do mundo. Coa denominación Renacemento, quérese expresar a renovación ou restauración, é dicir, a volta ás orixes e ao esplendor dá Antigüidade clásica fronte o escurantismo da Idade Media. O Renacemento supón uns modelos culturais e sociais distintos aos do mundo medieval. Enpolítica, prodúcese a creación e desenvolvemento de poderosas monarquías e dos nacionalismos que darán lugar ao xurdimento dos Estados modernos. Na economía xérase un predominio da actividade mercantil, e a puxante importancia da burguesía e das cidades. Paralela a esta revolución política e económica desenvólvese tamén unha grande innovación tecnolóxica: o invento do compás, o telescopio de Galileo,a pólvora (que supón a revolución militar e a morte dos costumes cabaleiras). Especialmente relevante é a invención da imprenta de Gütemberg, en 1448, que permite o comezo da cultura escrita, que ata agora había estado restrinxida aos mosteiros. A impresión dos libros axuda á difusión do saber por todas as cortes Europeas; ao mesmo tempo hai un abandono progresivo do latín, substituído polaslinguas vernáculas. Esta secularización e extensión dos coñecementos contribuirá a grandes avances no mundo das ciencias que concluirán na Revolución Científica iniciada polo sistema heliocéntrico de Copérnico. Todos estes cambios desembocan nun cambio profundo no pensamento. O núcleo ideolóxico do Renacemento é o Humanismo. O espírito da época renacentista maniféstase na idea do ser humano como centrodo universo e da Natureza como espazo vital. O humanismo afirma a capacidade intelectual do ser humano e defende como ideal de persoa culta ao individuo que non limita o seu saber a un campo concreto, senón que está aberto a todos os campos: ciencia, filosofía, arte...(lembremos a Leonardo da Vinci). A plena confianza que se ten no ser humano da lugar, fronte ao teocentrismo medieval, aoantropocentrismo. A visión antropocéntrica supón o descubrimento da subxectividade humana e a exaltación da razón como atributo específico do ser humano. Pero ao mesmo tempo, fronte á subxectividade humana, está a obxectividade da Natureza na que se pode intervir a partir do coñecemento das súas propias leis. Como consecuencia deste individualismo e valoración do humano, tamén se produce o desenvolvementodunha relixiosidade máis íntima, desprovista do cerimonial característico da liturxia medieval. Xurdirán así correntes relixiosas como a Reforma Protestante. A Reforma rompeu a unidade relixiosa mantida durante toda a Idade Media. Este movemento orixinouse en 1517 cando Martín Lutero publicou as súas famosas 95 Teses, unha peza moi polémica que abordaba cuestións relacionadas coas indulxencias daIgrexa católica. Para Lutero o perdón era só unha prerrogativa de Deus. A venda das indulxencias e as absolucións non eran aceptables, os cristiáns debían gañarse a súa salvación no seguimento a Cristo, non comprala. Lutero colgou unha copia das súas 95 Teses nas portas da igrexa do Castelo de Wittenburg. En dúas semanas, as súas teses percorreron toda Alemaña, e nun mes xa se coñecían en...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes
  • Descartes

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS