El psicópata

Páginas: 12 (2820 palabras) Publicado: 26 de diciembre de 2013

Ficha do libro
Título: El psicópata. Un camaleón en la sociedad actual.
Autor: Vicente Garrido.
Editorial: Algar Editorial.
ISBN: 84-931382-0-7
Nº de páxinas: 310
Ano de edición: 2000
Lugar de edición: Alzira, Valencia
Resumen
No noso entorno existen diferentes patróns de comportamento criminal. Algunhas delas son descritas nesta obra, pero sempre prestando atención e xirando entorno ao psicópata, ao que define coma un camaleón na sociedade.
O psicópata é un individuo que pasa desapercibido na sociedade, sendo quen, inclusive, de delinquir sen ter en conta o posible dano inflixido a outras persoas. Isto último é posible grazas a que non é quen de empatizar cos demais, nin sentir emocións, tales coma o amor. A partir de aquí e coa finalidade de chegar a comprender, máispolo miúdo, a personalidade do psicópata, expóñense unhas características sobre o esta:
Teñen comportamentos que a sociedade considera ilóxicos, dos cales son, totalmente, conscientes.
Son a minoría dos psicópatas os que levan a cabo crimes.
Posúen unha gran capacidade adaptativa. Camúflanse e botan por terra o traballo dos demais.
Son persoas egoístas, narcisistas, egocéntricos e arrogantes.Son persoas dominantes e carentes de remordementos.
Non comprenden, plenamente, o ámbito das emocións, polo que carecen de empatía.
Empregan constantemente a mentira.
Son criminais perigosos. Cando chegan ao delito, convértense nos criminais máis violentos, así como nos principais culpables de violación, malos tratos, asasinos en serie ou a soldo.
Actúan de xeito impulsivo, sen pensar nasconsecuencias, e presentan un déficit de autocontrol.
Fuxen das responsabilidades.
No libro tamén se recollen as principais teorías que procuran comprender que é o que causa a psicopatía. Podemos dividilas en catro bloques:
Explicacións que xorden dende dentro do individuo: Con estas, concluíse que os suxeitos que son psicópatas polas súas características senten menos medo e ansiedade, teñendificultade para recoñecer o valor emocional das cousas, téñense que esforzar máis para tarefas de comprensión emocional, realiza valoracións emocionais erróneas, ten dificultades para expor argumentos sen desvíos nin incoherencias e presentan anomalías no modo en que o cerebro procesa a información emocional.
Explicacións que xorden dende fóra do individuo: Expoñen que o psicópata coñece os aspectoséticos da sociedade, pero falla na súa posta en práctica, por tanto non goza de "integridade". Esta integridade adoita alcanzarse baixo a aprendizaxe do que esta ben e o que esta mal, polo tanto, os estímulos equivocados pódese fomentar a psicopatía e pasamos a falar dunha sociedade psicopática
Visión biosocial: Teoría baseada na influencia da aprendizaxe cultural na evolución biolóxica, de maneiraque se pode estar a fomentar unha cultura psicopática de "base" biolóxica.
Distinción entre personalidades anormais e transtornos mentais: Inda que compartan características coma os trastornos antisociais de personalidade, os trastornos narcisistas da personalidade, os neuróticos e os psicóticos.
Como xa se dixo o psicópata pasa desapercibido na sociedade, é un ente camaleónico, polo quepodemos atopalo en diferentes organizacións e ámbitos da vida. Dentro dunha organización, e a causa das súas características de personalidade, consegue medrar e abrirse paso utilizando aos demais; xa que, durante unha primeira instancia, ten un comportamento exemplar, mais logo aproveitase do poder obtido.
A influencia dos psicópatas, segundo o autor, tamén queda plasmada na arte. Con este incluímos:o mundo cinematográfico, a literatura e a arte.
Outro tema tratado é, como entre determinados sectores sociais, brotan, con maior frecuencia as psicopatías. modelo social, neste apartado tócase a literatura, a arte e a cinematografía.
En última instancia, recóllese o suposto “psicópata como pai ou marido”. Cando xoga este rol convertese nun ser dominante e autoritaria, chegando, inclusive a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Psicopata
  • psicopata
  • ¿Eres Psicopata?
  • El psicopata
  • Psicopatas
  • psicopata
  • Yo Psicópata
  • Psicopata

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS