Electronica

Páginas: 10 (2302 palabras) Publicado: 27 de marzo de 2011
Introdución
Os animais ó longo do tempo foron evolucionando o seu organismo ás condicións do medio no que viven. Nas zonas frías desenvolveron capas de graxa, pelo ou plumas.

Os humanos, debido a súa intelixencia, caracterízanse pola capacidade de adaptar o entorno ás súas necesidades. Nas zonas frías cóbrense de peles e co paso do tempo desenrolaron a industria téxtil actual. A tecnoloxía éo instrumento que lle permite os humanos modificar as condicións do seu entorno para mellorar o seu benestar.

O control dos procesos tecnolóxicos
En todo proceso compre facer un control do seu desenvolvemento. Antigamente, para dar calor ó entorno, o home acende, aviva e apaga o lume. Cando o estado tecnolóxico dalgunhas sociedades alcanza certo relevo, aparece a necesidadede desenvolvertecnoloxías para o control dos procesos liberando ó home desa función, aportándolle por tanto, maior benestar.

A tecnoloxía de control de procesos desenvolveu sistemas mecánicos, eléctricos, pneumáticos ou electrónicos analóxicos e dixitais. Sinais analóxicos son aqueles que poden pasar por infinitos valores, é dicir, varían de forma continua. Exemplo: temperatura, presión, etc.

Sinais dixitaisson aqueles nos que a súa magnitude en cada instante de tempo só poden tomar un

dos dous posibles valores discretos: todo ou nada (0 nivel baixo ou 1 nivel alto). Exemplo: Un motor xira ou está parado, un interruptor está aberto ou está pechado, etc.

Na actualidade, os sistemas baseados na electrónica dixital permitiron grandes avances en moi pouco período de tempo, dado que estes sistemaspresentan grandes vantaxes fronte ós sistemas electrónicos analóxicos, como: - Maior inmunidade ó ruído electrónico - Maior flexibilidade debido ó carácter programable dos dispositivos. - Gran facilidade de acoplamento entre os dispositivos. - Resolución de problemas, toma de decisións, almacenamento, ... utilizando as leis da lóxica, o que implica maior facilidade de deseño. - Menor custo. Candoas magnitudes que se desexan procesar (temperatura, velocidade, etc.) son analóxicas, é necesario convertilas a sinais dixitais. Isto faise con convertedores analóxicos-dixitais. Por exemplo, nun termómetro dixital. Da mesma forma, cando un sistema ten que entregar un sinal analóxico e a súa orixe está no formato dixital, utilizarase un convertedor dixital-analóxico. Por exemplo un lector de CD'sde audio. Os circuítos dixitais requiren para a súa construción unha serie de elementos que materialicen os principios da álxebra de Boole, base matemática da electrónica dixital. Pódese definir "Electrónica Dixital" como o conxunto de técnicas e dispositivos integrados que se utilizan para o procesamento e transmisión de datos no formato dixital. Ó longo deste curso traballaremos tanto aelectrónica dixital combinacional, o valor da saída depende unicamente dos valores das entradas, como a electrónica dixital secuencial, capaz de almacenar información e na que a saída depende, ademais das entradas, do valor anterior da saída.

Sistemas de numeración.
Tanto se se empregan en procesos de datos, como en sistemas de control, os sistemas dixitais teñen que realizar operacións con números quepoden estar representados en calquera sistema de numeración. Os distintos sistemas de numeración vanse diferenciar pola súa base, é dicir, pola cantidade de símbolos distintos empregados para expresar calquera cantidade. Desde o punto de vista matemático poden ter calquera base pero os máis empregados son o decimal, o binario, o octal e o hexadecimal.

Sistema Decimal.
O sistema decimal é osistema de numeración empregado na vida cotiá, probablemente porque temos dez dedos nas mans. É un sistema de base 10, emprega dez díxitos ou símbolos (0,1,2,...,9), posicional, que quere dicir que cada un deses símbolos expresa unha cantidade que pode variar en magnitude dependendo da posición que ocupa dentro dunha cifra. Exemplo: O número 222 está formado por un único símbolo repetido tres...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Electronica
  • Electron
  • Electronica
  • Electronica
  • Electronica
  • Electronica
  • Electronica
  • Electrones

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS