Emigración galega e española na primeira metade do século xx

Páginas: 36 (8940 palabras) Publicado: 25 de agosto de 2012
INTRODUCIÓN
Para facilitar a debida comprensión dos acontecementos que serán expostos no seguinte traballo, todos en torno ó movemento masivo de poboación española e galega en particular, durante o primeira metade do século XX, pasarei a desenvolver unha pequena introdución na que ofrezo unha breve definición do concepto de emigración, así como dos factores que determinan estes movementos.Tamén cómpre mencionar a dificultade de consecución de datos estatísticos debido á época que tratamos, xa que, non contamos con suficientes datos como para poder desenvolver un traballo máis meticuloso.
A emigración consiste en deixar o propio país ou a propia rexión para establecerse noutro país ou rexión. Forma parte do concepto máis amplo das migracións de poboación, que abarcan tanto a emigración(saída de persoas cara outras partes) como a inmigración (persoas que proveñen doutras partes). Podería dicirse que a emigración termina onde comeza a inmigración.
As razóns que provocan movementos masivos de poboación dun país cara outro son complexas e misceláneas, por iso me vou a centrar nas máis comúns e concretas:
•Problemas referidos ó nivel de vida: os países ou lugares de forteemigración adoitan ter un nivel de vida baixo, unha economía pouco diversificada, taxas de desemprego e subemprego altas, desbalance entre as numerosas necesidades de importación e a escaseza de produtos de exportación, salarios baixos, situación socioeconómica precaria e outros moitos motivos económicos. Coa emigración búscase solucionar estes problemas e acadar unhas mellores expectativas de vida.•Razóns de tipo político: sistema político pouco democrático, con leis de asistencia social insuficientes ou case inexistentes, escasa transparencia na administración dos servizos públicos coa conseguinte corrupción, etc.
•Persecucións internas no país: por razóns raciais, políticas ou relixiosas. As razóns políticas adoitan ser bastante traumáticas e poden desembocar no exilio, tanto forzado comovoluntario.
•Guerras internas ou internacionais: dando lugar a desprazamentos
Anuncio en La Voz de Galicia (22.12.1913)
Masivos e forzosos de millóns de persoas anualmente. Destácanse neste sentido os grandes desprazamentos ocorridos durante a segunda guerra mundial e o período de posguerra.
•Razóns medioambientais: tales como catástrofes naturais. O clima e as propiedades da terra afectanmoito, neste caso ós que practican a agricultura.

Unha vez introducidos certos conceptos fundamentais, pasamos a concretar unha diferenciación entre os denominados factores internos ou de “expulsión” e os coñecidos como factores externos ou de “atracción”, xa dende un punto de vista máis concreto, centrándonos unicamente nos factores que determinaron a emigración masiva da poboación galega eespañola neste período da historia, concibíndoa por suposto no contexto social, político e económico a nivel nacional.
En todas as migracións hai que ter en conta os factores que obrigan á poboación a abandonar o seu país, como aqueles outros que estimulan a chegada de poboación a certos lugares.

FACTORES INTERNOS OU DE “EXPULSIÓN”:
ECONÓMICOS
A primeira fase da industrialización impactoumoi negativamente sobre o mundo rural. Moitos agricultores traballaban a tempo parcial nas manufacturas tradicionais e, debido a que agora a industria producía máis barato, tiveron que dedicarse exclusivamente á agricultura, co que non podían manter o seu nivel de vida. Os máis preparados decidiron buscar no “Novo Mundo” oportunidades para seguir traballando nas súas profesións habituais. Moitosartesáns galegos e cataláns emigraron por estas razóns.A agricultura foi incapaz de dar traballo e estabilidade á crecente poboación rural.Dende logo non era sinxelo, xa que tiña que proporcionar traballo a unha xeración máis abundante, ó tempo que reducir os prezos para competir cos produtos do “Novo Mundo”. Os gobernos da época protexeron canto puideron a produción agrícola española poñendo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • prosa do primeiro terzo do seculo xx
  • Primeiros vestixios do galego xuridico
  • A música do século xx
  • A Situación Do Galego No Século Xix
  • As Revoluções Do Século Xx
  • Reconfigurações identitárias, meios de comunicação de massa e cultura jovem na américa latina, na segunda...
  • O Galego No Século Xx
  • Galego seculos y autores

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS