evolución concepto literatura

Páginas: 13 (3138 palabras) Publicado: 10 de mayo de 2015
O concepto de literatura: aproximación histórica
O termo literatura deriva da raíz latina LITTERATURA. A acepción clásica procede da obra de Quintiliano Institutio oratoria (II, 1,4): saberes e ciencias profanas conservadas mediante a letra escrita.
Etimoloxicamente, a palabra é un calco semántico da grega GRAMMATIKÉ: un saber técnico sobre a escritura.
Para os gregos e os latinos, ningunhadestas palabras significaba o que significa para nós hoxe en día e ten una gran amplitude de significado.
A noción axústase na súa raíz ao feito dunha textualidade en soporte firme.
Isto plantexa unha serie de debates, xa que comprenden cuestión como a oralidade, a norma ou a clausura da obra literaria.
A voz literatura entra lentamente nas linguas románicas como un cultismo a partir do século XV (encastelán existía o termo patrimonial, letradura) aínda que non se consolida ate a segunda metade do século XVIII. (francés, littérature (s.XV), castelán, galego e portugués (literatura (s.XV), italiano, letteratura (s.XV), ingles, literature (s.XV)).
Evolución do concepto
A partir da Antigüidade clásica, o concepto equivale ao de scriptura, é dicir, ao conxunto de saberes e ciencias profanaconservadas mediante a letra escrita. Reservado aos textos sagrados.
Máis tarde, no Humanismo, o discurso supedítase ás regras da Retórica: corrección, precisión e beleza. (puritas, perspicuitas, ornatus)
No século XVII a arte literaria comeza a estar rexida por unha finalidade exclusivamente estética. A formulación do termo estética referíndose a literatura foi de Alexander Baumgarten quen oempregou en 1735 (Meditationes philosophicae de nonnullis ad poema pertinentibus). Pero o paso decisivo farao Kant na súa Crítica del juicio (1790), defendendo a autonomía dos valores estéticos.
No século XIX, consolídanse as acepcións actuais dos termos literatura e poesía, que nalgúns casos conflúen ou subsisten con usos anteriores. Tamén se convirte ao longo do século XIX, o obxecto de estudo nauniversidade e na ensinanza media.
Na época contemporánea (s. XIX-XX), o termo literatura utilizouse de diferentes formas. Por un lado, o termo literatura significa: 1. Conxunto da produción literaria dun época (lit. Victoriana) ou dun espazo (lit. Mediterránea). 2. Conxunto de obras que se particularizan pola súa orixe, polo seu tema ou pola súa intención (lit. Feminista, gótica, política e deevasión). 3. Bibliografía existente sobre un asunto específico (lit. Médica e científica). 4. Sinónimo de retórica, expresión artificiosa. 5. Sinónimo de Historia da literatura (elipse ou metonimia). 6. Coñecemento sistemático e científico do fenómeno literario (lit. Comparada, general)
Na actualidade, (ss. XX – XXI), desenroláronse procedementos de tecnoloxías da escritura, son aqueles procedementosinstrumentais, como a escritura alfabética, a imprenta, a informática que favorecen a certos modelos de textualidade e inciden directamente sobre a comunicación. Pero todos estes aspectos foron quedando en evidencia coa explosión das novas tecnoloxías da información e o desenvolvemento dos media.
A aparición de novos tipos de creación (ficción interactiva, hipertexto ou narrativa dixital; hiperpoesíae holopoesia, ciberensaio, ciberdrama e teatro dixital) provoca cambios substanciais no futuro do libro e de todos os factores implicados no sistema literario.
A dinámica literaria contemporánea conduce a unha noción de obra en movemento que convive con exemplos tradicionais e asentados. O literario inclínase ate unha perspectiva de multiformidade, de inmersión, de actuación e de transformación desoportes.
O resultado é a conciencia de que o libro xa non é o media por excelencia de cultura. O predominio vese disputado por competidores moi serios.
A propia concepción da literatura vese modificada ao disociarse do libro como soporte exclusivo e apoiarse na oralidade ou dos medios electrónicos. A percepción de que as formas de textualidade áchanse ligadas a uns soportes específicos e que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La evolución de la literatura
  • Evolucion literatura
  • la evolucion de la literatura
  • concepto evolucion
  • Concepto de Literatura
  • literatura concepto
  • Conceptos de literatura
  • Estado: evolucion y concepto

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS