FilosofiaModernaCompleta

Páginas: 32 (7962 palabras) Publicado: 2 de junio de 2015
FILOSOFÍA MODERNA (1) EMPIRISMO E RACIONALISMO: DESCARTES, LOCKE E HUME.

FILOSOFÍA MODERNA /1: EMPIRISMO E RACIONALISMO: DESCARTES, LOCKE E HUME.
Cuestión contextual
1. Renacemento e Reforma.
2. A vinculación do empirismo e o racionalismo ca revolución científica.
3. Contextualización do texto e do autor.

1. RENACEMENTO E REFORMA
O Renacemento é o período da historia universal (S. XV e XVI) quemarca o paso do mundo
Medieval ao mundo Moderno. Neste período producíronse en Europa cambios de relevancia na
orde social, económica e política. A arte, a filosofía e a cultura en xeral experimentaron tamén
profundas transformacións.
Durante esta época, acompañando ao crecemento das cidades, dáse o ascenso da burguesía e o
nacemento do capitalismo comercial.
Durante o Renacemento, as cidadesitalianas convertéronse en estados territoriais que buscaban
expandirse á conta doutros. A unificación territorial tivo lugar tamén en España e Francia, o que
conduciu á formación de réximes absolutistas e do Estado nacional moderno.
Nas concepcións acerca do Estado primaba a idea da separación da autoridade da igrexa e o
poder estatal, en contraste coas posicións sostidas durante a Idade Media,caracterizadas polo
dominio do poder sobrenatural (Papado) sobre o poder terreal (Estado).


Maquiavelo analizará na súa obra “O Príncipe” cales son os mecanismos que debe usar
un monarca para conservar e incrementar o poder no seu Estado. Esta obra é a primeira
expresión do que se dá en chamar Realismo Político (calquer medio é lexítimo para
conservar o poder).

Acompañando a todos estes cambios, asformas da cultura medieval foron deixando paso a
modos culturais máis adaptados aos intereses da burguesía nacente.
Inspiracións no humanismo clásico e a figura do xenio ao servizo dun mecenas.
Desde mediados do século XV, as formas e temas da arte clásica volveron ser utilizados. Os ideais
renacentistas de harmonía e proporción derivados da cultura clásica culminaron nas obras de
Rafael,Leonardo dá Vinci e Miguel Anxo durante o século XVI.
A invención da imprenta no século XV revolucionou a difusión dos coñecementos. A imprenta
aumentou o número de exemplares, brindou aos eruditos textos idénticos cos que traballar e
converteu o traballo intelectual nun labor colectivo.
O gran interese pola antigüidade tivo a súa expresión na procura de manuscritos clásicos;
traducíronse todos osDiálogos de Platón, as obras dos dramaturgos e poetas gregos...

IES AQUIS CELENIS. Departamento de filosofía /1 de 16

FILOSOFÍA MODERNA (1) EMPIRISMO E RACIONALISMO: DESCARTES, LOCKE E HUME.

Durante o Renacemento as clases artesanais vense prestixiadas e prodúcese un gran
desenvolvemento técnico en diversos campos: urbanismo, navegación, enxeñería militar, óptica,
máquinas diversas...Ascenso daburguesía como clase social.
A recuperación e estudo dos clásicos ocasionou a aparición de novas disciplinas como a filoloxía
clásica.
No Renacemento prodúcese a ruptura da subordinación da filosofía á relixión, así como o
enfrontamento das ideas filosóficas á teoloxía, ao dogma e á moral da igrexa.
Será a partir deste momento cando cobra forza o descubrimento do home como individuo
liberado de todasas preocupacións relixiosas (Antropocentrismo). O home, menos dependente
da divindade, vese como un ser con capacidade creativa e responsable da construción do seu
ser.
Na época renacentista formáronse doutrinas filosóficas e xurídicas humanistas antagónicas da
filosofía oficial do Medievo, a Escolástica.
Filosofía renacentistas: Humanismo
Polo que respecta ás ideas filosóficas do Renacementoatopamos unha proliferación de
perspectivas diversas. Podemos entender o renacemento como a suma de dous grandes modelos:


Un modelo naturalista de carácter animista e máxico: A ciencia renacentista,
abandonada da tutela do Aristotelismo (que promovía unha concepción da natureza
coma un orde de esencias estático) e das ideas cristiás (Deus intervén na natureza e é a
orixe da orde natural) recupera...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS