gallego

Páginas: 16 (3840 palabras) Publicado: 16 de diciembre de 2013
1. POESIA DAS IRMANDADES DA FALA
1º terzo do século XX prodúcense importantes cambios na sociedade e na cultura galega. A sociedade agraria comeza a esmorecer. O campesiñado agrúpase en sindicatos agraristas como Acción Galega- con líder, Basilio Álvarez. Loitan contra o caciquismo e reivindican a redención dos foros, o que se consegue en 1926 e ten como consecuencia a desaparición da fidalguíae o acceso dos campesiños á propiedade da terra. A pesar disto o abandono do campo para buscar traballo nas vilas e cidades ou na emigración a América continua. Comeza a desenvolverse unha burguesía relacionada coa industria conserveira, o transporte e os negocios da emigración. Ao mesmo tempo xorde o proletariado que participa activamente na vida política ademais de reivindicar melloraslaborais.
Nesta época consolídase o movemento nacionalista. Os protagonistas foron: as Irmandades da Fala (1916), que desenvolveron, a partir da defensa da lingua, o ideario de reivindicación política nacionalista –irmáns Vilar Ponte e Ramón Cabanillas-.A Xeración Nós e o Seminario de Estudos Galegos (1923) adicados ao labor literario e cultural –Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao. A lingua comeza aser empregada en actos públicos. O Partido Galeguista (1931) aglutinou o movemento nacionalista e algúns dos seus membros redactaron o texto do Estatuto de Autonomía aprobado en referendo en xuño de 1936; nel contemplábase a cooficialidade de galego e castelán, a introdución do galego no ensino e a potenciación xeral do seu uso. Unha semanas despois o levantamento militar do xeneral Franco dabainicio á Guerra Civil que truncaría todo os avances deste período.
As Irmandades da Fala realizan un amplísimo traballo no ámbito cultural en galego e na poesía inician unha nova etapa: deixan atrás o século XIX e comezan a renovar o xénero. O poeta máis importante foi Ramón Cabanillas. Autor dunha ampla obra poética que adoita clasificarse en poesía lírica e narrativa. Lírica: No desterro 1913,Vento mareiro 1915, Da terra asoballada 1917, A rosa de cen follas 1927, Da miña zanfona 1954. Narrativa: O bendito San Amaro 1925, a noite estrelecida 1926, Camiños no tempo 1949, Samos 1958. É un dos homes importantes deste período, tanto pola súa obra literaria como polo activismo en defensa da lingua e da cultura galegas, xa que colaborou nos principais proxectos do momento como o Seminario deEstudos Galegos, publicación periódicas como A Nosa Terra ou Nós. Foi cualificado como “Poeta da Raza” e sucesor de Rosalía, Curros e Pondal.
Foi un poeta civil que denunciou as inxustizas do campo galego –Vento mareiro-. Puxo a súa obra ao servizo das ideas galeguistas das Irmandades e do Grupo Nós –Da terra asoballada-, onde anima aos galegos a recuperar o orgullo como pobo e a lingua. Procuroia reconstrución mitificadora da nosa historia. No libro Na noite estrelecida, en tres poemas narrativos longos, actualiza a materia de Bretaña para transmitir unha mensaxe galeguista. Recrea o mundo artúrico –tema tradicional da cultura occidental- e relaciónao coa tradición galega (a lenda do Cebreiro) para dignificar o noso pasado e ofrecer un futuro esperanzador desde un punto de vistaprofundamente cristianizado. Na posguerra contribuíu a iniciar a recuperación da nosa cultura. Outros poetas das Irmandades foron: Noriega Varela e Gonzalo López Abente.
NORIEGA VARELA foi autor dunha soa obra que foi ampliando ao longo da súa vida: na primeira edición, en 1904 titúlase Montañesas, pero a partir de 1920 coñecerase como Do ermo. No inicio Podemos falar de ruralismo costumista seguindo osmodelos do século XIX. Posteriormente percíbese a influencia modernista e saudosista de Ruben Darío e Teixeira de Pascoaes e comeza a elaborar unha poesía culta e refinada centrada nas cousas pequenas e humildes, cunha clara influencia relixiosa defendendo as virtudes cristiás. Enfrontando ao réxime republicano e ás Irmandades, será un dos literatos que apoie o bando franquista.
2. POESÍA DE...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Gallego
  • Gallego
  • Gallego
  • gallego
  • Gallego
  • gallegos
  • Romulo Gallegos
  • romulos gallegos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS