Guerra Civil Española

Páginas: 16 (3951 palabras) Publicado: 30 de noviembre de 2014
A GUERRA CIVIL.
1. DA SUBLEVACIÓN MILITAR Á GUERRA.

O alzamento militar contou co apoio dun heteroxéneo conxunto de militares conservadores. O fracaso da sublevación militar e dos intentos do goberno deu paso a unha sangrenta guerra civil de case tres anos. De acordo coas instruccións do xeneral Mola, o golpe militar debía realizarse con extremada violencia. O plan consistía nunha serie desublevacións simultáneas. Unha vez tomada a capital, formaríase unha xunta de xenerais que sustituiría ao goberno. A sublevación militar contra a república iniciouse de modo impreviso en Melilla o 17 de xullo. Os xefes sublevados enviaron un telegrama o xeneral Franco, quen, tras declarar o estado de guerra en Canarias, se trasladou ao día seguinte nun avión alugado polos conspiradoresmonárquicos para pórse ao mando das tropas mellor preparadas do exército español. Entre os días 18 e 20 de xullo o alzamento militar estendeuse ao resto do territorio español con resultados moi diversos. En Madrid, Barcelona e Valencia abortouse a sublevación militar, xa que boa parte do exército e das forzas de orde pública, Garda de Asaltone mais da Garda Civil, se mantiveron fieis á república, ao que seengadiu á forte resistencia popular. A rebelión triunfou no noroeste, no centro, no sudoeste de Andalucia, en Canarias e nas Baleares, excepto en Menorca. Fracasou na maioría das grandes cidades do norte. Desde o 20 de xullo o país quedou dividido en dúas zonas enfrontadas. As principais cidades e as zonas industriais quedaron en poder do goberno e das organización políticas e sindicais daFronte Popular, as zonas agrarias máis conservadoras e de maioría católica, nas mans dos militares sublevados. A metade do exército, unha boa parte da mariña e mais da aviación, dous terzos das forzas de seguridade e mais da metade da garda civil mantivéronse fieis ao goberno republicano. Pero estas cifras mostran unha realidade engañosa. As tropas do exército de terra mellor dotadas e que mellorestaban preparadas para o combate, a superioridade inicial do goberno foi superada pola rápida chegada de avións italianos e alemáns moito máis modernos. Tras a dimisión do presidente do Goberno, as medidas do novo goberno de José Giral para contrarrestar a rebelión militar tiveron un efecto contrario o esperado. O exército da república quedou desarticulado , debilitando ao Estado republicano.Propiciuse desta maneira unha situación revolucionaria que sumiu a moitos territorios no caos. Estableceuse un aparente equilibrio de forzas que ocultou que a república careceu durante varios meses de unidade na dirección política e militar da guerra. A finais de xullo de 1936 a sublevación derivara nunha auténtica guerra civil, que dividiu os país en dous bandos:
Os sublevados contra a república, quese chamaron a si mesmos os nacionais. Xustificaron a súa acción como o único medio para acabar coa anarquía, restablecer a orde e exterminar os inimigos da patria, os anarquistas, comunistas, socialistas e separatistas, cualificados todos eles de “roxos”.
No outro lado estaban os republicanos, para os que había que defender a república democrática e os seus logros fronte oa fascismo, que seestendía por Europa. Entre eles foron gañando posicións os sectores radicais, anarquistas é comunistas.


2. A DIMENSIÓN INTERNACIONAL DA GUERRA CIVIL

A intervención estranxeira converteuna nun conflicto internacional de enorme repercusión na opinión pública e nos gobernos de moitos países. A pesar da sinatura de acordos internacionais para non intervir, os dous bandos recibiron axudaexterior. O apoio internacional foi decisivo tanto na duración coma no curso e desenlace da contenda. A guerra civil española, estourouse nun momento sumamente crítico nas relacións internacionais. De aí que a guerra de España provocase división na opinión pública europea e mundial e espertase a inquietude, sobre todo, dos gobernos británico e francés. Os secores conservadores a maioría dos católicos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Historiador de la guerra civil española
  • Guerra Civil Española
  • La Guerra Civil española
  • Antecedentes de la guerra civil española
  • La guerra civil española en canarias
  • Guerra civil española
  • Mujeres en la guerra civil española
  • Guerra civil española

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS