Helenismo: filosofía e cristianismo

Páginas: 9 (2043 palabras) Publicado: 23 de octubre de 2010
HELENISMO: FILOSOFÍA E CRISTIANISMO

Trala morte de Alexandre Magno, no ano 323 a.C., iníciase unha nova época histórica: o helenismo, que se caracterizou pola helenización de oriente e pola incorporación de elementos culturais, relixiosos e filosóficos orientais á cultura grega. A visión do mundo cambiou e xurdiu por primeira vez o concepto de cidadanía universal, e a liberdade social,política e cidadá sustituíuse pola liberdade individual da persoa que se basta a sí mesma.
Un ano máis tarde falece Aristóteles, e o pensamento filosófico dividiuse en dúas tendencias: por un lado desenvólvense as ciencias particulares, e por outro nace unha nova filosofía que impregna o mundo helenístico, destinada a axudar ao individuo nas súas necesidades psicolóxicas e intelectuais e a atopar afelicidade.
Neste contexto nace o cristianismo, pero non o fai coma unha doutrina completa tal e como a coñecemenos hoxe, senón que a filosofía helenística desempeñou un papel básico na súa formación. Esta filosofía estaba dirixida a cuestións ético-prácticas e caracterizábase pola preocupación salvífica e o intento de conciliar e combinar as doutrinas da Academia, o Liceo e a Stoa, seleccionando asmáis verosímiles e xerando así unha concepción do mundo común ás distintas correntes de pensamento.

O cristianismo é unha relixión basada no asentimento da fe sobrenatural ás verdades reveladas por Deus, e o seu obxecto formal está máis alá de todo coñecemento. Non hai demostración, só afirmación, e o resultado é evidencia extrínseca basada na autoridade dun deus revelador. A filosofía senembargo é o coñecemento natural adquirido polo ser humano, o seu obxecto formal é a razón e sabe, non cre. O seu resultado é unha ciencia que se produce pola evidencia intrínseca.
O cristianismo plantexa cuestións filosóficas que a razón trata de explicar, e ten a necesidade de convencer. Para iso precisa argumentos, polo que toman elementos da filosofía e os amoldan segundo lles conveña. A patrísticaé a primeira etapa da filosofía grega e a ela pertencen os verdadeiros fundadores do cristianismo. Ten tres fases:

-O primeiro período dura ata o ano 325. Nel aparecen os apoloxistas, que facían propaganda en contra das herexías e persecucións, e as primeiras escolas coma a de Alexandría, Cesarea ou Ciria.
-O segundo período abrangue ata o 451 e nel desenvólvense os primeiros dogmas docristianismo, coma a trinidade ou a natureza de Cristo. Destaca Agostiño de Hipona.
-O terceiro período dura ata o renacemento carolingio no ano 800 e é a etapa de decadencia e transición. Destacan Boecio, Pseudo-Dionisio e Isidoro de Sevilla, quenes escribiron amplas compilacións que permitiron a transmisión na Idade Media do pensamento antigo.

Durante esta época utilízase a Platón, a quen se acercamoito Agustín de Hipona, e ao estoicismo. Os estoicos establecen que o ben do home consiste en vivir de acordo coa natureza, coa razón e en harmonía total. Esta razón pódese desviar cando xurden as paixóns (pracer, desexo sexual, dor, medo), por iso o sabio é aquel que sabe dominarse para non alonxarse do equilibrio natural e acadar a ataraxia (imperturbabilidade do ánimo). Aristóteles apenasexerce influencia ata a Escolástica.
É necesaria unha mellor comprensión e conceptualización da revelación evanxélica, e xurde a Trinidade, que é ao mesmo tempo unha soa substancia e tres persoas. O dogma cristiano precisou a terminoloxía filosófica e procedeu ao seu desenvolvemento, e os temas tratados eran Deus (onmipotente, bo, espiritual), a creación (a partir da nada e non da materia xaexistente, a diferencia do Nous), o home coma a unión de corpo e alma (a alma non preexiste nin se reencarna, témola porque Deus a puxo ahí no momento da concepción), a liberdade e unha reflexión sobre o sentido da historia.

As novas ideas fronte ao mundo grego
O cristianismo establece que Deus é providente e se ocupa dos asuntos humanos, que se fixo home e que mostra a súa preferencia por un...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Helenismo y Cristianismo
  • Helenismo Y Cristianismo
  • FILOSOFÍA HELENISTA
  • Filosofia helenista
  • Filosofía helenista
  • Filosofia Helenica
  • filosofia cristiana y cristiano-protestante
  • El cristianismo y la filosofia moral cristiana

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS