HISTORIA 2º BAC

Páginas: 15 (3581 palabras) Publicado: 17 de noviembre de 2013
 TEMA 6: A CRISE DO ANTIGO RÉXIME E A REVOLUCIÓN LIBERAL


1. A CRISE DA MONARQUÍA E A GUERRA DA INDEPENDENCIA

A CRISE DA MONARQUÍA DE CARLOS IV E O LEVANTAMENTO CONTRA OS FRANCESES

O goberno de Godoy vese desprestixiado, xa que acumula moito poder e e rexeitado pola nobreza, pola Igrexa, e por gran parte das masas populares. Ademáis, sofre graves problemas económicos polas guerrase os gastos da corte.

Debido ao enfrontamento con Gran Bretaña, España vincúlase á Francia de Napoleón Bonaparte, mediante o tratado de San Idefonso (1895) e participa no “Bloqueo Continetal” decretado por Napoleón contra Inglaterra (prohibición do comercio para afundir a economía inglesa). Pero a situación comeza a empeorar coa derrota de Trafalgar, que supón a destrucción da armadaespañola, e a ruina do estado. Ademáis, no tratado de Fontainebleau (1807) os dous países planifican a ocupación e reparto de Portugal, pero o acuartelamento das tropas francesas en España durante ese ano provoca malestar popular e temor a que o ataque a Portugal fose unha excusa por parte de Francia para atacar toda a Península.

Ante esta situación de crise e descontento xeral, aparecen desexos decambio por parte dos reformistas ilustrados (revolucionarios liberais) e por parte dos ultraconservadores (antigodoyistas fernandinos).

O príncipe Fernando, síntese ameazado por Godoy e enfróntase a seu pai, Carlos IV. Reúnese en torno a el unha camarilla de aristócratas ultraconservadores e ultracatólicos (os fernandinos) que conspiran para derribar a Godoy e situar a Fernando no poder.Este grupo, desenvolve unha serie de conspiracións como as do proceso do Escorial, protagonizadas polo príncipe, que aglutina máis á oposición aristocrática e ultraabsolutista. No 1808 prodúcese o chamado Motín de Aranxuez que obriga a Godoy a fuxir e renunciar ao seu cargo, e Carlos IV abdica no seu fillo. Este motín está empuxado polos ultras, que empuxan ao pobo a revolucionarse contra CarlosIV, e este abdica por medo.

A caída de Godoy e Carlos IV agrava a crise da monarquía española. As tropas napoleónicas, eran mal vistas polo estado español, que prevía o ataque e invasión á península. Por outra banda, Napoleón convoca a Carlos IV e ao seu fillo á Bayonne, onde obriga a ambos a abdicar e cederlle o trono ao seu irmán Xosé Bonaparte. Paralelamente a isto, o 2 de Maio de 1808prodúcese o amotinamento do pobo de Madrid contra as tropas francesas, que foi contestado cunha dura represión (así se inicia a Guerra da Independencia, xa que os gobernantes tampouco querían este goberno, xa que significaba a introducción do concepto de “soberanía nacional”. Eles querían a volta de Fernando VII ao poder). De seguido, moitos pobos e cidades levántanse en armas contra os franceses.Ante a invasión francesa e o vacío de poder, aqueles que non recoñecen o goberno forman Xuntas en diversos lugares de España para organizar a guerra. O levantamento popular impide a ocupación francesa de importantes cidades, que ofrecerán unha forte resistencia (Zaragoza, Girona...).

O ESTATUTO DE BAYONNE E O GOBERNO FRANCÉS

Napoleón busca apoios ao novo rei convocando unha Asamblea enBaiona, de carácter estamental formada por ilustrados afrancesados. O reformismo napoleónico pretende dotar a España dunha nova organización e estructura política que modifique algúns elementos do Antigo Réxime e introduza algúns principios do liberalismo político.

Este sistema quedou plasmado na Constitución ou Estatuto de Bayonne, un texto redactado por ilustrados españois seguindo asdirectrices de Napoleón. A pesar do nome que recibía este texto, en realidade trátase dunha carta outorgada, porque o seu establecemento non correspondía a unha decisión popular, senón a unha decisión imposta polo poder, no que o rei se autolimita. Esta carta outorgada mestura elementos do Antigo Réxime e do Absolutismo (como a concentración de poderes no rei, o carácter conservador, a organización...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • quimica 2º baca
  • Tema 1- historia 2º bac
  • Historia de bac
  • 2º ESO Historia
  • Historia universal secundaria 2º
  • Historia 2º Bachiller Al-Ándalus
  • Programa Historia 2º Bachiller
  • 2º bachillerato 16.1 historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS