Historia da informática

Páginas: 29 (7009 palabras) Publicado: 23 de febrero de 2015
Historia da informática
1. INTRODUCIÓN
O termo informática provén do francés informatique, implementado polo
enxeñeiro Philippe Dreyfus a comezos da década dos sesenta. A palabra é a súa vez un
acrónimo dos termos información e automático. Deste xeito, a informática refírese ao
procesamento automático de información mediante dispositivos electrónicos e sistemas
computacionais. A computacióné o resultado dunha serie de fitos que evolucionaron no
tempo, dende os orixes do home ata o presente.
A informática reúne moitas das técnicas que o home desenvolveu co
obxectivo de potenciar as súas capacidades de pensamento, memoria e comunicació;
polo tanto, a súa área de aplicación non ten límites: a informática emprégase na xestión
de negocios, no almacenamento de información, nocontrol de procesos, nas
comunicación, nos transportes, na medicina e en moitos outros eidos. Ao longo da
historia, a informática tenlle facilitado a vida ao home de diferentes xeitos, como agora
pasamos a mostrar.
2.ORIXES
2.1.O ábaco
O primeiro dispositivo mecánico utilizado polo home para realizar
complexos cálculos aritméticos con enorme rapidez e precisión foi o ábaco. Este
instrumento émoi sinxelo xa que consta de contas ensartadas en varas que a súa vez
están montadas nun marco rectangular, de maneira que ao desprazar as contas sobre as
varas, as súas posicións representan os valores almacenados, e mediante ditas posicións
representa e almacena os datos. Foi inventado en China e Babilonia arredor do 600 e
500 a.C. aínda que a súa historia remóntase ás civilizacións gregas eromanas.
Os primeiros ábacos non eran máis que buratos na area recheos de coios,
ata dez en cada un. Posteriormente empregouse un taboleiro cheo de area, e logo, entre
gregos e romanos, unha prancha de cobre con buracos para colocar as pequenas pedras.
Os aztecas usaban varas paralelas de madeira inseridas nunha especie de rama
horizontal.

Os dous tipos de ábacos máis coñecidos foron oábaco ruso que era un
marco de madeira con varas paralelas e contas inseridas nas varas e o chino (suanpan)
que era moi similar ao ruso, pero estaba dividido en dúas zonas (inferior e superior) por
un listón de madeira; por enriba del cada conta tiña valor 5 mentres que por debaixo,
valor 1.
O uso xeneralizado do ábaco retardou a difusión do sistema de
numeración decimal ou arábigo, xa queincorporaba de feito o concepto de valor
posicional da cifra, servindo calquera outro sistema de numeración non demasiado
complicado para anotar o resultado final, eliminando a pesadez do cálculo coas cifras
romanas. A súa efectividade soportou a proba do tempo e coma unha indicación do seu
potencial, aínda hoxe en día emprégase en moitas culturas orientais.

2.2. Século XVII
Tras a invención doábaco non se vai inventar ningunha máquina con
relevancia na historia da computación ata o século XVII, que destacou polo
descubrimento dunha gran cantidade de dispositivos como os que imos ver a
continuación.
A principios deste século o matemático escocés John Naiper inventou as
súas varas de numeración, tamén chamadas Ósos de Napier, debido a que as varas
estaban talladas con ramiñas deóso ou marfil; este invento permitiu incorporar por
primeira vez o sistema logarítmico. Este procedemento permitiu multiplicar números de
tantas cifras como se quixera, sempre que se dispuxera do suficiente número de tabliñas.
Foi un primeiro intento de facilitar as operacións de cálculo con métodos mecánicos,
aínda que o fundamento do mecanismo fora a man do home, e o procesamento dainformación, o cerebro.
Tras este invento destaca a invención da regra de cálculo, tamén a
principios deste século, por Edmund Gunter e William Ougthred. A regra era un xogo

de discos rotatorios que se calibraban cos logaritmos de Napier. É un dos primeiros
aparatos da informática analóxica.
Despois, no ano 1623, foi deseñada por Wilhelm Schickard, en Alemaña a
primeira calculadora mecánica....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • HISTORIA DA INFORMATICA
  • História Da Cidade
  • Semana Galega da Historia
  • Historia de la informatica
  • Historia De La Informática
  • Historia de la Informatica
  • Historia De La Informatica
  • Historia De La Informatica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS