Semana Galega da Historia

Páginas: 6 (1439 palabras) Publicado: 26 de febrero de 2015
Resumo: Ano da Memoria e Consello da Memoria (2006-2009)

A ponencia comezou cunha reflexión persoal do autor na que puxo de manifesto que a memoria histórica, dende o seu punto de vista, é unha responsabilidade tanto ética como política que non se debe apartar por outras causas. Esta responsabilidade política debe combater 3 inxustizas principais que son: a destrución da Xeración de 1936; osilencio, humillación, vergoña e sentimento de culpa creado nestas persoas e o esquecemento na transición española.
Foi a partir do ano 2005 cando se entendeu que dende a política era necesaria esta ruptura, necesitábase construír un novo relato, totalmente diferente ao do pasado. Entendeuse entón a recuperación da memoria histórica como dereito e obriga ao mesmo tempo. Aínda que non se debeesquecer que un primeiro paso e claro representante desta necesidade cambio, producírase xa no 1999 cando se lle entregou unha conmemoración á viúva de Alexandre Bóveda (Amalia Álvarez) en Pontevedra.
En agosto de 2005, producirase unha primeira declaración institucional do Goberno Galego en relación coa memoria histórica así como á rehabilitación da figura de Alexandre Bóveda. Será un mes máistarde, en setembro de 2005 cando nunha visita á illa de San Simón anunciarase a conmemoración do Ano de Memoria en 2006.
Acordados os criterios que se seguirían, debo destacar que o obxectivo principal desta iniciativa era coñecer e contar a nosa propia historia, a historia de Galicia tanto a represión como a resistencia. Dende unha perspectiva de xénero, destacarase o papel das mulleres tanto narepresión así como na resistencia, e nun último lugar non debemos esquecer que este proxecto é colectivo e compartido e que necesita e inclúe a participación cidadá.
A partir deste obxectivo o proxecto traballa en 3 liñas de investigación: a do coñecemento ou saber, contando con investigacións fiábeis, axudas de asociacións e investigadores e co Proxecto Nomes e Voces; a do recoñecemento,lugares da memoria, eliminación da simboloxía franquista, e homenaxes; e a da divulgación, dirixida ao conxunto da sociedade, de moitas formas diversas: mediante medios de comunicación, escolas, medios audiovisuais ...etc.
Dentro deste proxecto conformouse o Consello da Memoria, formado por: 5 persoas do ámbito da investigación, 5 grandes personalidades ( Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo,Mariví Villaverde,Antón Santamarina e Luz Villaverde) e ademais 10 persoas das asociacións.
A apertura do Ano da Memoria, tivo lugar o 8 de abril de 2006 na Illa de San Simón, que converteuse nese momento na Illa da Memoria. Outra iniciativa destacable neste proxecto foi o Barco da Memoria, idea de Dionisio Pereira, que viaxou por parte da costa galega, portando a exposición: os mártires do mar.Finalmente, cabe destacar o balance positivo a favor da recuperación da memoria histórica que impulsou este proxecto, así como o comezo dun cambio na memoria colectiva, aínda que falta traballo e axuda por diferentes frontes.
A modo de reflexión final dicir, que é necesario seguir defendendo esta memoria que forma parte dun dereito e que non podemos deixar apartada esta loita.
Comentariocrítico
Tras escoitar esta primeira ponencia, gustaríame destacar dela, que espertou en min moita curiosidade e dúas opinións confrontadas. Por unha parte penso que, grazas á realización de todo este traballo poderase achegar ao pobo galego á historia da nosa Galicia, aínda que por outra parte non podemos esquecer pensar que este traballo leva consigo unha responsabilidade moi grande e que non podenin debe tomarse á lixeira.
O traballo realizado neste proxecto e que aínda, dende o meu punto de vista, falta por facer nel, debe ser realizado con moito coidado e deixando a un lado pensamentos tanto políticos como culturais de cada persoa.
Se entendemos este proceso de recuperación da memoria como un dereito e á vez como unha obriga, debemos ser moi conscientes de que as investigacións...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A preeminencia social da fidalguía galega
  • LOs seculos oscuros da literatura en galego
  • Xeneros da lirica galego-portuguesa
  • Historia veterinaria galega
  • Glosario de Historia en Galego
  • Historias de galicia (galego)
  • Datos estatísticos da fala do galego
  • História Da Cidade

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS