Historia de España

Páginas: 19 (4574 palabras) Publicado: 9 de abril de 2014

Historia de España 2ª evaluación

Manuel Rodríguez Ruiz





Páx. 179, 35. Como se produciu a fin da Primeira República e o paso a un novo réxime? Tratatouse dun cambio democrático? Argumenta a resposta.
Un pronunciamento puxo fin a I República. O 3 de Xaneiro de 1874, o xeneral Pavía entrou coas tropas no Congreso, disolveuno e entregoulle o poder ó xeneral Francisco Serrano, quedecidiu autoproclamarse presidente vitalicio da República e gobernou ditatorialmente durante doce meses, ata que se produciu o golpe de estao do xeneral Arsenio Martínez Campos (19 de Decembro de 1874), que porá fin o Sexenio Democrático, coa restauración de Afonso XII, fillo de Isabel II.
Os principais problemas que causaron o fin da primeira República foron:
Falta de convicción dos políticos,a desconfianza e falta de apoio social entre os ambientes populares ,oposición das institucións da estrutura monárquica e os grupos sociais máis poderosos (alta burguesía, exército, terratenentes, cregos...), gran inestabilidade política, que ocasionará unha sucesión de catro presidentes nun ano,a Terceira Guerra Carlista e a Guerra dos Dez Anos, revoltas obreiras e campesiñas, división dosrepublicanos en unitaristas e federalistas o problema cantonalista.
Non foi un cambio democrático xa que este cambio de sistema iniciouse a partir do golpe de Estado do xeneral Arsenio Campos.
Páx. 179, 36.Describe e explica en que consistía esencialmente o movemento cantonal?
O problema cantonalista é un movemento político radical procedente do republicanismo federalista que rexeitaba o Estadocentralista. Iniciouse en Cartaxena, en xullo de 1873, cando se constituíu unha xunta que actuou coma un goberno autónomo, declarándose cantón independente. Posteriormente estenderíase por Valencia, Sevilla, Granada, Salamanca...etc. Algúns chegaron a proclamar a súa propia Constitución, declarar a guerra á España e tomar medidas económicas socialistas coma a abolición da propiedade. Este movementorematou cando o exército ocupou Cartaxena.










Páx.186, 1. Le o Doc. E responde estas preguntas.
A que ideas e sentimentos apela o fillo de Isabel II para recuperar o trono de España?
Interpreta o sentido desta frase: “Débolle ao infortuno estar en contacto cos homes e coas causas da Europa moderna.”
Explica como presenta o retorno da monarquía o futuro Alfonso XII.

Ossentimentos e ideas que apela o fillo de Isabel II son a lexitimidade da monarquía hereditaria, monarquía constitucional,monarquía aberta a tódolos grupos sociais, soberanía compartida coas Cortes, orde, liberdade e xustiza, son definidos coma valores fundamentais do reinado de Alfonso XII.
A frase significa que debido ao apoio recibido do resto de Europa, España vai crecer en todos os ámbitos e estesabe como levar a cabo ese crecemento.
O 29 de decembro de 1874, o xeneral Martínez Campos encabezou un alzamento militar en Sagunto e proclamou rei de España a Afonso XII, fillo de Isabel II.
O 30 de decembro de 1874 fórmase un goberno provisional dirixido por Cánovas del Castillo. Este redactará o manifesto de Sandhurst, asinado polo rei, onde se expresan os principios e intencións do novoréxime. Así, Cánovas será o principal responsable e artífice do sistema da restauración.
Trala súa chegada a España, Afonso XII ponse á fronte dos exércitos afonsinos contra os carlistas no norte, ós que derrotará definitivamente. Antes da vitoria, ofrece a amnistía ós rebeldes que o recoñecesen coma rei. Así Ramón Cabrera asina a paz, pola que o rei recoñece tódolos seus títulos e insta ós demaiscarlistas a depoñer as armas. Finalmente, Carlos VII, trala derrota definitiva, terá que se exiliar en Francia. Con todo, o tradicionalismo carlista obterá representación no parlamento, á estrema dereita do arco parlamentario.

Páx. 189, 3. Explica en que consistía a chamada “alternancia pacífica”. Sinala as diferenzas entre o Partido Conservador e o Partido Liberal
Na alternancia pacífica,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Historia De España
  • Historia de españa
  • historia de españa
  • historia de españa
  • Historia de españa
  • Historia De España
  • Historia De España
  • Historia De España

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS