Hjhjg

Páginas: 11 (2694 palabras) Publicado: 17 de abril de 2012
Helenismo: Filosofía e Cristianismo
Coa conquista de Grecia polas lexión romanas no século II a. C. ábrese o último período da filosofía antiga: o período helenístico - romano, caracterizado, nun primeiro momento, pola asimilación da cultura grega por parte de Roma e, posteriormente, pola orientación relixiosa da filosofía. A filosofía segue tendo, como no período anterior, un carácter práctico,orientada á vida e á acción. A novidade agora é que adquire, no período de asimilación, unha dirección ecléctica que intenta sintetizar o mellor do pensamento grego.
En Atenas, a Academia platónica, o Liceo aristotélico, a Stoa e o Xardín, é dicir, as catro escolas filosóficas máis importantes do momento, intentan conciliar teorías sobre a natureza presocráticas, os sistemas de Platón eAristóteles, así como o mellor da filosofía ética do estoicismo e do epicureísmo.
Se Atenas continuou sendo o centro das catro grandes escolas de pensamento, en Alejandría xorde unha nova corrente filosófica con clara inquietude relixiosa. Alejandría era o centro de confluencia da cultura grega e a oriental, e nela había unha importante e culta comunidade feixón, así como unha cristiá. Nos séculos I e IIa relixión oficial romana non atrae o pobo e hai un desexo xeneralizado de liberación do destino e inmortalidade. Por iso triunfan os cultos orientais -o cristianismo entre eles-, as prácticas máxicas, a astroloxía e a crenza de que existe algo divino en ser humano. Máis que na razón se confía na revelación e na axuda divinas.
O neoplatonismo de Plotino (s. III) é a corrente filosófica que mellorrepresenta esta nova orientación. Plotino fundou unha escola en Roma e a súa obra estaba encamiñada a revisar a obra de Platón para adaptala ás esixencias intelectuais da época.  Máis que un filósofo era un místico e un mestre da vida espiritual que ensinaba a arte de purificar a alma e unirse á divindade. O continuador máis importante de Plotino será Proclo, membro da escola neoplatónica deAtenas ata o século V.
É neste contexto no que xorde a filosofía cristiá. A relixión cristiá entrou en contacto coa  Filosofía no século II dende o momento en que houbo conversións ao cristianismo de xentes educadas na  cultura grega.
Cristianismo e Filosofía son algo radicalmente distinto. Non obstante, a relixión cristiá debuxou un horizonte cultural que dominou o continente europeo durante toda aIdade Media, horizonte ao que tiña que circunscribirse toda manifestación do pensamento humano, e por iso, tamén a Filosofía.
As etapas do pensamento cristián.
 As dúas grandes etapas do pensamento filosófico cristián son a Patrística (dende o século II ao VIII) e a Escolástica (dende o século IX ao XIV). A primeira e fundamental diferenza entre estes dous movementos deriva das diferenzas nascircunstancias sociohistóricas nas que aparecen.
A misión dos Padre da Igrexa (de aí deriva o termo Patrística) era a de unificar doutrinal e dogmáticamente a interpretación que das Escrituras ha de facer a comunidade cristiá, e nesta creación doutrinal os autores patrísticos botarán man fundamentalmente da obra de Platón, o estoicismo e do neoplatonismo. Isto é así porque se descoñece a obra deAristóteles (que se perde para Occidente ata que reaparece da man dos pensadores musulmáns) e porque Platón se prestaba doadamente para a formulación de ideas cristiás.
A afirmación da existencia dun mundo de ideas -que o cristianismo colocará na mente de Deus- e dun mundo sensible feito a imaxe e semellanza das ideas; a doutrina platónica da participación, utilizada polos cristiáns para destacara continxencia do creado (o creado é, pero pode non ser: non posúe o ser por si mesmo, senón que o recibe, participa del) e coa continxencia, a dependencia en canto a o seu ser do Creador; a Idea de Ben platónica, situada por enriba e máis alá do resto das Ideas, foi aproveitada para defender o monoteísmo cristián; a alma é considerada como inmortal tanto en Platón coma na fe cristiá e a vida...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • hjhjg
  • hjhjg

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS