José Fandiño Pidre

Páginas: 6 (1464 palabras) Publicado: 9 de julio de 2012
Alcalde Fandiño (Por Xosé Carlos Villaverde Román) [pic]
José Fandiño Pidre naceu o 14 de xaneiro de 1902, e desde ben mozo emigra a Nova Iorque da man de seu pai José. Entre as idas e as voltas, sobre o ano 1926, casou no Casal con Nieves Villaverde Rivas. Froito do matrimonio naceron os fillos María e José. En 1935 e cos aforros da emigración decide quedarse definitivamente, para montar uncafé económico na súa casa da Seara, fronte a sede sindical de Fraternidad Marinera.
En febreiro de 1936 formouse a coalición de Frente Popular, cara ás eleccións a deputados previstas para o mes seguinte, a cal acadou un resultado vitorioso que lle permitiu ó novo gobernador civil, depoñer ó alcalde José Romero mediante un oficio enviado o día 20 de marzo e ordenando a reorganización da Corporación.O día 22 de marzo, celébrase unha sesión extraordinaria, presidida polo secretario Leoncio Queimadelos estando presentes Benito Rosales Martínez, Balbino Costa Costa, José Viéitez Lago, José Vidal Fernández, José Martínez, José Paz Cancelas, José Trigo García, José Fandiño Pidre, Antonio Gestido Paredes, Antonio Vilariño Santomé, Segundo Cancelas Iglesias, José Saavedra Sartié e Cándido PidreGestido. Unha vez aceptados todos os cargos de concelleiros, pasaron a elección do alcalde en votación segreda, resultando electo Fandiño Pidre con doce votos a favor, mentras que Benito Rosales acadou un só. Despois do agradecemento ós compañeiros corporativos, Fandiño foi conscente de que seu paso ante tal calgo honroso, era por circunstancias de interinidade. A pesares de todo, prometeu poñer todasúa boa vontade para que a xestión, á que lle fora conferida, foxe satisfatoria á veciñanza. A dicir de todos, a elección de Fandiño foi acertada, sentíndose representados por un home bo, honesto, honrado, conciliador e cun grande carisma popular.
O seu paso pola alcaldía non foi doado, pois atopouse cunha crise económica moi fonda, sobre todo no sector conserveiro pola depreciación da sardiña,no que interviu directamente en xuntazas co Gobernador Civil, participación en maio na Asamblea de Vigo e o envío de telegramas ó presidente do Consello de Ministros e Subsecretario de Traballo, solicitando a mediación no problema da sardiña. Soportou a folga do transporte marítimo de mercadorías. Tamén padeceu o conflito entre o Sindicato de Carboneros de Moaña e a Sociedad de Descargadores deVigo. O día 4 de xuño prendéronlle fogo a igrexa de San Martiño, destrozando parte da bóveda. Acordou a adhesión a unha iniciativa do concello de A Coruña en favor do plebiscito do Estatuto de Autonomía. O 14 de abril, inaugura a nova Casa Consistorial, de construción iniciada polo éx-alcalde Romero. A anterior casa estaba nun piso alugado a José Pazos na costa de Fontecán, fronte ó Banco Azul.Para atenuar a profunda crise desa época, recorre a Junta Nacional Contra el Paro con tres grandes obras: A construción do cemiterio municipal, o arreglo da Canexa e a ampliación do camiño do Con a Vilela, destruído en parte polos temporais. A inserrección militar paraliza a adxudicación do campo santo, entanto que as outras obras consegue investir parte dos orzamento.
Ó día seguinte da proclama daGuerra Civil, o día 19 de xullo, cébrase a sesión plenaria, como se nada pasase, tratando temas cotían; reparación de escolas, elección dunha comisión para o deslinde do Concello, autorizar obras, etc. Parece ser que pola tarde, Fandiño e por comunicación gubernativa, xa acompaña á Garda Civil de Moaña, para garantir os rexistros e cacheos de armas en nome da República. O día 20 son os dirixentessindicalistas os que organizan a requisa de armas. O 22 de xullo, o novo gobernador civil, nomea ó capitán de cabalería, José Carvajal Quiroga como delegado gobernativo para encabezar unha comisión xestora no Concello, destituíndo a Fandiño, quedando este en liberdade sen cargos.
En outubro José Fandiño Pidre, nun intento de salva-la vida, chega a contribuir economicamente coa Falanxe de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Fandiño
  • Pidra de mar
  • Jose jose
  • Jose Jose
  • Jose jose
  • Jos y jos
  • Jose
  • Jose

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS