La Atmosfera

Páginas: 15 (3509 palabras) Publicado: 22 de abril de 2012
ATMOSFERA
 INTRODUCCIÓN • A atmosfera primitiva estaba constituída pola emisións de gases e po procedentes da propia Terra en formación. • Composición distinta actual.( Vapor de auga, dióxido de carbono, hidroxeno e monóxido de carbono principalmente). Atmosfera redutora. • A actividade dos organismos fotosintéticos provocaría un cambio paulatino na composición da atmosfera primitiva,substituíndo o dióxido de carbono por osíxeno e pasando a converterse en atmosfera osixenada. • Desde os seus inicios ata agora, a atmosfera sufriu variacións na súa composición e estrutura, algunhas debidas a actividade humana.

COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA
 COMPOSICIÓN • Gases maioritarios. Atópanse en maior proporción en volume. Son o nitróxeno 78%, osíxeno 20,9 %, argon 0,93% e dióxido de carbono nun0,03%. • Gases minoritarios. Tratase de gases que conforman o 0,14% restante. As súas composicións son tan pequenas que se miden en partes por millón (ppm). Hainos reactivos como o monóxido de carbono e o ozono, e non reactivos como o hidroxeno e o helio. • Variables. Sólidos en suspensión, vapor de auga, contaminantes. As variacións destes compoñentes débense a diversos factores( correntesatmosféricas, proximidade de núcleos industriais, actividade volcánica…)

CAPAS DA ATMOSFERA
ESTRUTURA DA ATMOSFERA 1. Troposfera 2. Estratosfera 3. Mesosfera 4. Ionosfera 5. Exosfera

CAPAS DA ATMOSFERA
1. TROPOSFERA. Esténdese desde a superficie da Terra até a tropopausa, zoa de transición coa capa seguinte. A súa altitude varia coa latitude, alcanza o máximo valor no ecuador(16 km) e o mínimonos polos(9 km). Tamén sofre variacións estacionais (maior espesor no verán que no inverno). Os gases mais importantes para a vida concéntranse nesta capa (80%) , e a maioría preto da superficie terrestre. A presión atmosférica descende na troposfera desde un 1013 mb na superficie a uns 200mb na tropopausa. A temperatura diminúe unha media de 0,65ºC cada 100 m, fenómeno coñecido como gradientevertical de temperatura (GTV), alcanzando os 70 ºC na tropopausa. Nesta capa prodúcese o efecto invernadoiro, procesos meteorolóxicos e climáticos. Movementos verticais

CAPAS DA ATMOSFERA
2. ESTRATOSFERA. Comeza na tropopausa e termina a unha altitude duns 50-60 km, nunha zoa de transición denominada estratopausa. O aire disponse en estratos horizontais. Movementos horizontais das masas de aire.A temperatura aumenta coa altitude. Entre os 15 e os 30 km de altitude atopamos a capa de ozono.

CAPAS DA ATMOSFERA
3. MESOSFERA Capa situada entre a estratopausa e a mesopausa, que se encontra a uns 80 km de altura. As temperaturas descenden até uns – 80ºC na parte superior. Nesta capa o rozamento co aire fai que os meteoritos entren en ignición, desintegrándose antes de chegar a superficieda Terra.

CAPAS DA ATMOSFERA
4. IONOSFERA OU TERMOSFERA Estendese ate os 600 km, onde se sitúa a termopausa. O seu nome debese ao alto contido en ións, producidos porque o nitróxeno e o osíxeno presentes absorben a radiación solar de onda curta, aumentando moito a temperatura e liberando electróns, de modo que se ionizan positivamente. Estes ións producen un campo magnético entre esta capa ea superficie da Terra que esta cargada negativamente. Fórmanse as auroras boreais(Polo Norte) e as austrais (Polo Sur) ao chocar os electróns procedentes dos raios solares contra as moléculas presentes nesta capa.

CAPAS DA ATMOSFERA
5. EXOSFERA Comeza na termopausa e o seu final constitúe o límite exterior da atmosfera, a uns 800 km de altitude aproximadamente. Na zoa máis externa o aire tentan pouca densidade que xa non se chega a distinguir o límite co espazo exterior. Os seus compoñentes maioritarios son hidroxeno, helio e osíxeno.

CAPAS DA ATMOSFERA

FUNCIÓNS DA ATMOSFERA
1. ACCION PROTECTORA. Actúa como filtro de determinadas radiacións electromagnéticas emitidas polo Sol e nos protexe da caída de meteoritos. As radiacións de lonxitude de onda curta, raios X, raios...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La atmosfera
  • La Atmosfera
  • atmòsfera
  • Atmosfera
  • Atmosfera
  • atmosfera
  • Atmosfera
  • ATMOSFERA

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS