Los verbos deponentes latinos y media tamtum griegos en relación con la diátesis indoeuropea

Páginas: 69 (17032 palabras) Publicado: 6 de octubre de 2013
Os verbos depoñentes
latinos e “media tantum”
gregos en relación coa
diátese IE.
Traballo de Fin de Grao en Filoloxía Clásica.

Sara Blanco Vázquez

Dirixido por José Virgilio García Trabazo
Ano académico 2012/2013

Índice temático.
0. Introducción………………………………………………..……………………3
I. Diátese e voz………………………………………………………………….….5
II. A voz nas linguas IE……………………………………………………………10
III. Osistema verbal IE…………………………………………………………….32
IV. A orixe da voz media. Modelos para a prehistoria da diátese…………………37
V. Conclusión………………………………………………………………………42
Bibliografía…………………………………………………………………………44

[2]

0. Introducción.
As linguas clásicas parecen ter un sistema de oposicións de diátese e de voces ben
establecido. O grego presenta un sistema tripartito de voces: activa, pasiva emedia. O
latín, pola súa banda, emprega dúas voces: activa e pasiva. Sen embargo encontramos
certos verbos que parecen non axustarse completamente a estas particións, xa que non
presentan posibilidade de oposición. Son os chamados media tantum gregos e
depoñentes latinos. Este feito contou, ao longo da historía da lingüística, con varios
intentos de explicación e clasificación, tanto semántica,como morfolóxica.
O presente TFG trata de dar conta da posición dentro destes verbos dentro das linguas, a
través dun estudo sincrónico do latín e de grego. Para iso, nun primeiro capítulo,
daranse as nocións de lingüística xeral, pertinentes para a perfecta comprensión dos
apartados seguintes, e unha pequena historia sobre a evolución da terminoloxía e a
comprensión das oposicións de voz. Nosegundo capítulo explicaranse as diferentes
voces das linguas IE: a activa, a pasiva e a media. A pasiva latina e a media grega serán
tratadas con detalle dentro da voz correspodente. Dentro deste capítulo dedicaráselle,
tamén, un apartado especial a este verbos sen oposición, onde se explica a súa situación
dentro do sistema. O seguintes tres capítulos tentan dar a perspectiva máis diacrónicado
sistema verbal, e, sobre todo, das oposicións de voz e diátese no IE. O terceiro capítulo
explica as reconstrucións máis aceptadas para o verbo IE antes e despois da aparición do
anatolio. O cuarto trata o tema específico da orixe da voz media, explicando as
principais teorías de xurdimento da marca e aparición das oposicións de voz. O último
capítulo conclúe coa tese que considero máisplausible para o verbo IE, que axuda a
explicar diacrónicamente anomalías sincrónicas, tanto no latín coma no grego.
O fin último deste TFG é que o lector consiga facerse a unha idea do problema e poida
sacar as súas propias conclusións, máis que tentar convencer de que a conclusión que se
da é a máis conveniente. Tamén espero que este estudo sirva para animar a próximos
alumnos a afondar máisna investigación sobre a media, os media tantum e depoñentes,
onde aínda queda moito que dicir.

[3]

I.

Diátese e voz.
A. Semántica do verbo.

Todos os verbos, na xeneralidade das linguas, se poden ordenar por categorías, segundo
o seu significado léxico, en tres grandes grupos:
a) Acción: a actividade é realizada polo suxeito (Constrúo unha casa/ Vou).
b) Proceso: eventos que serealizan no suxeito, sen que este poida ser sinalado
como activo (Caio, morro).
c) Estado: indicación de propiedades xerais ou temporais do suxeito (Son
alto/Estou sentado/ xazo).
Podemos establecer, ademais, unha subdivisión para o sistemas das linguas IE baseada
no valor actancial do verbo. Así contamos con:
1. Verbos transitivos: aqueles que soen expresar cambios, xa no obxecto, xa nosuxeito. Estes verbos deben ser, a lo menos, bivalencias (presenza de dous
actantes na cláusula). As accións englobadas nesta categoría presentan un
suxeito claramente activo (Constrúo unha casa), mentres que nos verbos de
proceso a actividade deste non é totalmente recoñecible, sobre todo se hai detrás
unha persoa activa ou se se actúa sobre un evento involuntario.
2. Verbos intransitivos:...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Verbos En Latin
  • Verbos De Latin
  • Verbos En Latín
  • Verbos En Latin
  • Verbos Latin
  • el indoeuropeo (latin) primero de bachiller
  • griegas y latinas
  • griego y latín

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS