Lóxica informal - Filosofía

Páginas: 20 (4802 palabras) Publicado: 17 de marzo de 2013
LÓXICA INFORMAL
Chamamos argumentos válidos a todos aqueles que non infrinxen a regras de forma. Non obstante aínda que un argumento sexa formalmente válido, podemos rexeitar a verdade ou aceptabilidade das premisas, do mesmo xeito que unha oración aínda que sexa gramaticalmente correcta pode ser falsa. Un argumento, polo tanto, pode ser formalmente correcto ou válido, pero, aínda así,carecer de premisas certas. Cando un argumento é válido pero ao menos unha das súas premisas é falsa, entón se di que o argumento non é sólido. Cando o argumento é formalmente válido e as súas premisas son todas certas, entón se di que tal argumento é sólido. O argumento ideal é, claro está, sólido. A lóxica formal estuda exclusivamente a validez ou a falta de validez de algo. A lóxica por se mesma,ou lóxica formal, non determina a verdade das premisas. A lóxica informal, pola súa banda, atende á solidez dos argumentos. Determinar a verdade ou a falsidade de certas premisas poderá parecer algo obvio, reservado ao ámbito da ciencia ou da experiencia, máis que á da lóxica. Non obstante, o asunto non é tan obvio como semella. As premisas propostas nunha argumentación poden ser certas, pero nonser pertinentes respecto á conclusión. Importa que unha verdade sexa pertinente. De xeito alternativo, as premisas poden ter toda a aparencia de ser certas, pero non o ser realmente. O revelar ou utilizar argumentos enganosos tamén ven ao caso. Finalmente, hai que saber interpretar as verdades: entran tamén aquí a xogar xuízos que poden ser rebatidos. A partir dos traballos do irano Lofti Zadehcomezáronse a utilizar conceptos “como conxuntos borrosos (fuzzy sets), “lóxica borrosa”, “lóxica do impreciso”, etc.., que intentan construír unha lóxica máis próxima á filosofía e á linguaxe natural que ás matemáticas, unha lóxica máis axeitada para representar a incerteza que existe no significado de calquera palabra, clarexando os usos e funcións da linguaxe. Nacen así unha serie de lóxicas“non formais” ou “informais”, capaces de elaborar árbores de posibilidades para diagnosticar unha situación concreta, de adquirir “coñecementos”, avaliar o seu grao de certeza e “tomar decisións”, e que se aplican con éxito na industria para a fabricación de “aparellos intelixentes”: lavadoras que controlan a cantidade de auga e xabón necesaria para cada colada, ollas que miden o grao de cocción eregulan o tempo e temperatura axeitados, ou máquinas de fotos que enfocan automaticamente as imaxes... Unha destas lóxicas, aplicadas non á industria, senón ao discurso cotiá, é a lóxica dar argumentación, que entende que o rigor da lóxica formal non é aplicable ao discurso cotiá, e trata de facer unha serie de achegas que si o sexan. Un argumento é un “razoamento que intenta probar ou refutar(contradicir) unha tese (a idea exposta) convencendo a un interlocutor da verdade ou falsidade de tal teses”. Se na lóxica formal se trataba de demostrar a validez formal do razoamento a través do cálculo, na lóxica de argumentos trátase de convencer a alguén da veracidade (ou falsidade) das ideas que se expoñen. De aí que sexa frecuente que os análises da argumentación se entenderan como parte daretórica e non da lóxica.
DIVERSOS TIPOS DE ARGUMENTOS.
Foi Aristóteles o primeiro en estudar a argumentación. Na súa obra, Refutacións sofísticas di: “hai catro xéneros de argumentos na discusión: didácticos, dialécticos, críticos e erísticos. Son didácticos os que proban a partir dos principios peculiares de cada disciplina e non a partir das opinións do que responde (...); dialécticos os que2
proban a contradición a partir de cousas plausibles; críticos, os construídos a partir de cousas que resultan plausibles para quen responde e que é necesario que saiba o que presume ter coñecemento (...); erísticos, os que, a partir de cousas que parecen plausibles, pero non o son, proban ou parece que proban.
Como se ve, dos catro tipos de argumentos existentes, só o primeiro, o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Informalismo
  • Informalidad
  • Informalismo
  • Informalidad
  • Informalidad
  • informalidad
  • informalidad
  • Informalidad

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS