Medios, “Realidad”, Significación” De Bennet

Páginas: 6 (1395 palabras) Publicado: 1 de julio de 2012
BENNETT, T. “MEDIOS, “REALIDADE”, SIGNIFICACIÓN”

Sempre houbo controversia sobor da concepción dos medios, ora coma espello da realidade, ora coma intérpretes ou construtores dela. A cuestión é se os medios amosan imaxes fieis da realidade ou, en troca, distorsiónana. Os teóricos sinalan a dificultade de estabelecer unha liña divisoria entre realidade (significante ou referente) e o mundo dasrepresentacións dos medios (significación ou signo). Isto implica que os medios serían menos reais có “real” que reflicten e que a súa participación nos acontecementos non sería máis que pasiva.

As achegas máis recentes falan da “corporeidade” do signo: entenden a significación coma un proceso mediante o cal os medios constrúen activamente mundos cognitivos, en troques de reflectir só arealidade preexistente dun xeito pasivo. Disto derivamos a premisa de que o significante preexiste e antecede ao significado. O signo ordena o mundo. En definitiva, os medios son parte da realidade social e propoñen marcos para a interpretación dos acontecementos.

O obxectivo de Tony Bennett á hora de realizar este ensaio non é senón comentar os tres niveis diferentes de práctica xornalística,relacionados coa función definidora da realidade que se lle supón aos media. Así, pretende ilustrar as afirmacións que fixeron nesta tradición de teoría dos medios.

A POLÍTICA E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O primeiro nivel corresponde á función propagandística da prensa. Todo o mundo sabe que cada xornal posúe unha determinada liña de partido que procura vender. Quere dicir, ten uns obxectivospolíticos, quer explícitos, quer implícitos.

Co obxecto de ilustrar a devandita función, ímonos remitir aos escritos de G. Orwell sobre a cobertura informativa da Guerra Civil Hespañola. De como os medios transmitían realidades distintas a cadanseus públicos co aquel de lograr uns obxectivos políticos, inventando batallas, sucesos, ocultando outras...

Hespaña serviu coma campo de batalla para asideas que circulaban naquel momento por Europa e que tiñan ao continente en tensión. Por unha banda as ideas fascistas e tradicionalistas fronte á democracia e os ideais proletarios coma o socialismo ou o anarco-sindicalismo.

Cómpre falar das distintas estratexias no tratamento informativo da cobertura da Guerra. En primeiro lugar, omitíronse as dimensións propiamente proletarias do conflito. Oobxectivo era presentar a cuestión coma unha disputa de democracia contra fascismo, limitando así o fortalecemento dos lazos de solidariedade obreira internacional coa clase proletaria hespañola. Deste xeito, o bando republicano perdeu significativamente o apoio das clases traballadoras e burguesas británicas. Tratábase do xogo da espiral do silencio das compañías cinematográficas de ocultar atranscendencia da axuda alemá e italiana ao bando golpista e as dimensións proletarias do conflito hespañol co aquel de manter a inestábel situación de efervescencia na que se atopaba o continente europeo.

Por outra banda, Orwell amosa a súa máis sentida indignación ao falar da actuación da prensa comunista á hora de presentar a situación da Guerra ao movemento obreiro internacional. Así, atendo aoposición de stalinistas fronte a trotskistas, a prensa comunista hespañola, fundamentalmente desfavorábel a Trotsky, ofreceu unha imaxe nesgada e parcial do enfrontamento. En vez de seguir as recomendacións do creador do Exército Vermello de aproveitar a Guerra Civil Hespañola coma unha oportunidade para levar a cabo a revolución socialista, a dirección do Partido Comunista decidiu adscribirse aunha política de frontismo popular. Entendían que a revolución socialista non era posible en Europa neses momentos, onde o debate imperante era “democracia contra fascismo”. Tratábase de reforzar as forzas antifascistas e abandonar temporalmente os obxectivos comunistas.
Podemos afirmar pois que houbo un grande acordo entre a prensa capitalista e comunista occidentais á hora de informar ou non...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Realidad Media
  • Influencia de los medios en la erronea realidad
  • Realidad en medios audiovisuales
  • La realidad que nos muestran los medios de comunicacion
  • Los medios ¿Espejos que distorsionan la realidad?
  • La Realidad Fingida De Los Medios De Comunicación
  • medio, representacion y realidad en democracia
  • “Los medios, la comunicación y la realidad”

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS