menu entroido

Páginas: 5 (1084 palabras) Publicado: 11 de noviembre de 2014
Xosé María Díaz Castro
Homenaxeado Ano 2014


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo).
Currículum
Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía eLetras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. 
Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista"Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máisimportante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.
Outros datos de interese
O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de poesíagalega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).

Fuente
http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/xose-maria-diaz-castro_2014

Xosé María Díaz Castro

Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
“Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente d’Os Vilares, Concello deGuitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín eHumanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou. Ver máis.

Fuente
http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro


Cronoloxía de Díaz Castro
1914 Nace en Guitiriz, Lugo o 19 de febreiro
1929 Ingresa no Seminario de Mondoñedo onde coñece a José Trapero Pardo, Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé DíazJácome. Nestes anos inicia o seu interese polas linguas e dirixe unha revista escolar
1931 Publica o seu primeiro texto en galego no xornal El Progreso Villalbés
1936 Marcha de Mondoñedo a cumprir o servizo militar manexándose con fluidez en galego, castelán, latín e francés e, en menor medida en inglés e alemán
1939 Pasados os anos da guerra civil, que cumpre na retagarda no Hospital militar dePontevedra, sae do Seminario para, durante sete anos, exercer como profesor de ensinanza media no Colexio León XIII que dirixía Iglesia Alvariño en Vilagarcía de Arousa. Aproveita para estudar a fondo inglés e alemán.
1946 Obtén os primeiros premios de poesía galega e castelán nos xogos florais organizados en Betanzos o 19 de agosto cun “tríptico á groria betanceira”.
1947 Abandona Vilagarcía epasa uns meses nos Vilares. Mentres decide o seu futuro profesional e prepara oposicións , o seu amigo dende o Seminario, Xavier Armada, fornéceo de dicionarios e gramáticas do húngaro e doutras linguas. Neste tempo publica poemas enLa Noche e un “Anecdotario Humorístico” protagonizado por “Antón do Foxo” e firmado co pseudónimo de “Castelo” en La Hoja del Lunes da Coruña.
1948 Logo de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Menu
  • Menu
  • menu
  • Menu
  • Menu
  • Menu
  • Menu
  • Menu

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS