None

Páginas: 24 (5924 palabras) Publicado: 11 de junio de 2013

Índice de contidos




Introdución

A fraseoloxía, como ámbito pertencente á lingüística, presenta unha serie de trazos que a separan do resto de enunciados que podemos chamar libres e por tanto un obxecto de estudo propio, xa que describe o máis característico dun pobo, da súa psicoloxía e mesmo do desenvolvemento diacrónico da lingua cos cambios semánticos que se producen de formaespontánea e única e logo a especialización semántica dos seus fraseoloxismos que se repiten mentres seguen en voga.

Por outro lado temos a aproximación aos estudos lingüísticos que nos permite o uso de corpus textuais de diferente tipoloxía e linguas. Grazas ao procesamento destes abundantes referentes de lingua real e a oportunidade de estudar os fraseoloxismos desde un punto de vistadiacrónico, sincrónico, pola tipoloxía dos mesmos, estatisticamente, etc.

Con este traballo pretendemos demostrar a elevada aparición de estruturas ou enunciados fraseolóxicos en lingua galega a través de traducións de novelas inglesas de certa repercusión literaria encadradas no lustro 1989 a 1994. Logo de recollidos os fraseoloxismos pretendemos comparalos cos posibles orixinais en inglés e de habeloscoas solucións portuguesas tamén empregando corpus bilingües e outros recursos textuais e en liña de referencia sobre paremias.

Esperamos pois demostrar a relevancia estatística destas formas da linguaxe e apoiarnos para facelo en mostras relevantes de literatura inglesa traducida a galego nun punto sinalado da normalización da lingua, pasado case un decenio desde a aprobación do estatuto deautonomía.

Metodoloxía

Despois de afondar no marco teórico que xustifica o enfoque pragmático que ofrece o procesamento no cadro da lingüística de corpus e dos estudos de tradución, decidimos realizar este traballo comparando unidades fraseolóxicas ou fraseoloxismos utilizando o corpus paralelo inglés-galego TECTRA (Textos para Estilística Comparada e TRAdución).

Para conseguir eseenunciados fraseolóxicos neste corpus onde só é posible consultar os textos que o nutren ata o nivel da oración, houbo que aplicar fórmulas complexas de busca atendendo á diversa tipoloxía que presentan os fraseoloxismos e que explicamos sucintamente máis adiante.

Ditas fórmulas e expresións de busca son unha combinación de "expresións regulares de tipo PCRE" (Perl Compatible Regular Expressions) e querepresentan caracteres e símbolos que describen a forma dunha cadea de texto procurada.

No noso caso as tipoloxías fraseolóxicas procurámolas en galego, co que a aplicación nos devolve o equivalente en lingua inglesa orixinal para aquela tradución. Alén de analizar a equivalencia, significado e apropiación da solución de tradución empregada, tamén cruzamos os fraseoloxismos presentes en linguainglesa coas solucións propostas en portugués polo corpus paralelo bidireccional de portugués e inglés COMPARA, alén de reunir información sobre a estrutura orixinal utilizando algún dos seguintes recursos en liña:
http://www.usingenglish.com/reference/idioms/
http://idioms.thefreedictionary.com/
http://www.idiomeanings.com/idioms/category/idiom-dictionary/
Presentamos esta información deforma individualizada para cada fraseoloxismo analizado de forma que apareza sempre:

Os criterios de busca empregados
A equivalencia obtida no corpus TECTRA
Información sobre a estrutura orixinal inglesa en fontes idiomáticas
A posible equivalencia do fraseoloxismo orixinal inglés no corpus COMPARA
Comentarios sobre a pertinencia ou adecuación da solución tradutolóxica

O traballo apartir dos corpus

Como apuntamos na introdución deste traballo, o campo no que desenvolvemos esta análise pertence á lingüística de corpus or córpora que consiste nun achegamento empírico e análise de amplas coleccións de textos por medio de ferramentas computerizadas. Esta subdisciplina da lingüística supón un enfoque renovado para os estudos de tradución en contraposición ás teses dualistas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • None
  • la nona
  • la nona
  • None
  • None
  • None
  • nono
  • ÑOÑO

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS