Obediencia á autoridade

Páginas: 7 (1643 palabras) Publicado: 23 de octubre de 2013
ÍNDICE


Introdución Páx. 1
Experimento de Stanley Milgram Páx. 1-3
Conclusións do experimento Páx. 3-4
Conclusión persoal Páx. 4-5
Bibliografía Páx. 6














OBEDIENCIA Á AUTORIDADE
INTRODUCIÓN
A obediencia á autoridade é un elemento básico na vida social, non só pola súa influencia na vida das persoas, senón tamén pola súa influencia na estrutura social.
Édifícil entender unha sociedade sen o principio de xerarquía no que está baseada a obediencia. Ás veces esta obediencia a unha autoridade superior pode implicar que unha persoa vaia en contra dos seus principios éticos e morais. Debemos establecer unha importante distinción entre a obediencia heterónoma e a obediencia autónoma. (Fromm, 1984):
A obediencia heterónoma é o sometemento, a abdicación dapropia autonomía e a aceptación dunha vontade allea.
Mentres que a obediencia autónoma é a autoafirmación, non é un acto de sumisión, é a obediencia á propia razón.
EXPERIMENTO DE STANLEY MILGRAM
En 1961, Adolf Eichmann, Teniente Coronel do exército nazi, responsable direto da Solución Final e dos transportes de persoas ós campos de concentración, foi xulgado e sentenciado a morte en Xerusalénpor crimes contra a humanidade durante o réxime nazi en Alemaña. Durante o xuízo Eichmann exculpouse dicindo que el soamente obedecía ordes.
Así foi como Stanley Milgram, profesor da Universidade de Yale (EE.UU), ideou un experimento que tiña como fin comprobar se unha persoa podería obedecelas ordes dunha autoridade, aínda cando estas puidesen entrar en conflito coa súa propia conciencia. Os pasos seguidos por Milgram no experimento e as situacións que se produciron foron narradas polo propio investigador (Milgram, 1979). O procedemento consistiu na colocación de anuncios en periódicos nos que se reclamaban voluntarios, con idades comprendidas entre os 20 e os 50 anos, para participar nun experimento sobre un estudo da memoria e o aprendizaxe na Universidade de Yale, polo queobterían unha gratificación económica.
O experimento precisaba de tres persoas: un experimentador (o investigador da universidade que actuaría como a autoridade a obedecer), un mestre (a persoa que leu o anuncio no periódico e se presentou voluntario) e un alumno (un actor que se fai pasar por participante no experimento e que simulará que recibe as descargas cando estas non existen). O experimentadorexplicáballes que ó participante que lle tocase facer de mestre tería que facer unhas preguntas ó alumno e cando este errase tería que castigalo cunha descarga eléctrica que irían aumentado a súa intensidade.
Seguidamente, ó voluntario dáselle a escoller entre dous papeis, o que determinará o seu rol no experimento. En realidade, en ámbolos dous papeis pon “mestre” para conseguir que o voluntarioco que se vai experimentar elixa forzosamente o papel de mestre.
O alumno séntase nunha cadeira conectada a un xerador de corrente e átase. O mestre, que contempla esta escena, dáselle unha descarga de 45 voltios co fin de que comprobe a intensidade do castigo que vai a recibir o alumno.
A continuación, situados nunha mesma habitación, o investigador proporciónalle ó mestre unha lista depalabras que o alumno deberá recordar. Se a resposta é errónea, o alumno recibirá do mestre unha primeira descarga leve de 15 voltios, que ira aumentando en intensidade ata os 450 voltios a medida que o alumno erre nas súas respostas.
A medida que a intensidade das descargas aumenta, o alumno, que xa fora alecionado sobre como simular os efectos das descargas, comeza a golpealo vidro, queixarse poloseu padecemento de corazón, pedilo remate do experimento e emitir gritos de agonía. No caso de que o participante acadase unha voltaxe marcada na máquina como moi perigosa, o alumno deixaría de responder ás preguntas. 
Polo xeral, os mestres poñíanse nerviosos ante as queixas de dor dos alumnos e desexaban paralo experimento, pero a férrea autoridade do investigador facíalles continuar. Ó...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La obediencia
  • obediencia
  • Obediencia
  • La obediencia
  • Obediencia
  • Obediencia
  • la obediencia
  • Obediencia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS