Parque Nacional Peneda-Gêres. Matogueiras E Rochedos

Páginas: 13 (3159 palabras) Publicado: 27 de junio de 2012
Parque Nacional Peneda-Gerês. Matogueiras e Rochedos
Localización O Parque Nacional Peneda-Gerês (PNPG) localizado no noroeste de portugal, foi creado en 1971 e con el naceu o primeiro e único parque nacional de portugal. Abrangue unha superficie de 70.000 hectáreas que se espallan a ambos lados do río Limia, adoitando a forma dunha ferradura, distribuídas entre os concellos de Melgaço, Arcos deValdevez, Ponte da Barca, Terras de Bouro e Montealegre. A súa condición de territorio limítrofe co parque galego Parque Natural Baixa LimiaXerra do Xurés permitiu a creación en 1997 do Parque Transfronteirizo Gerès-Xurés, cunha superficie de 90.000 hectáreas. Medio físico Se hai algo que impresiona ó visitante do PNPG é a diversidade de paisaxes que pode descubrir nel, dende as prominentesserras coroadas por caprichosas agullas graníticas, que contrastan coa frondosidade das ladeiras, pasando polos serpenteantes ríos encaixados salpicados de fervenzas, e os suaves vales de orixe glaciar, sen esquecernos dos maxestosos embalses onde se perde a vista. Mentres que no fondo dos vales e soleadas ladeiras, a teimosa man do home levantou un mosaico de verdes socalcos para o cultivo, creandounha paisaxe fortemente humanizada pero de harmoniosa beleza, merecedora do mellor galardón o desenrolo sustentábel. O parque é un terreo montañoso, formado por catro serras, - serra da Peneda, serra de Soajo, serra Amarela e serra do Gerês –, xeralmente con cotas situadas por riba dos 700 m., chegando ata os 1500 m. na serra do Gerês. Flanqueado o grupo de serras temos dous enormes planaltos, o deCastro Laboreiro, o noroeste, e o de Mourela o sueste, que xunto a unha ampla rede hidrográfica, - na que destacan os ríos Homem, Limia e Cávado -, e a presencia de vales glaciares de releves suaves, que contrastan cos ríos encaixados en vales de pendentes pronunciadas, orixinan unha elevada diversidade de hábitats de elevado valor florístico, que acubillan especies raras ou ameazadas. Contribúe aaumentar esta diversidade, o feito de que climaticamente a rexión atopase a cabalo entre o clima atlántico e o mediterráneo permitindo a mestura de especies das dúas rexións climáticas. Salientamos entre estes hábitats, pola súa extensión, as turbeiras, localizadas nos planaltos, os diversos tipos de matorrais, os bosques de ribeira e as carballeiras. Xeoloxía No apartado xeolóxico Peneda-Gerêsten un especial interese, os granitos rosados da serra do Gerês e da Peneda son de orixe recente (29 millóns de anos) e polo tanto presentan un releve abrupto. Os cumios aparecen pelados e coroados de pedras cabaleiras, que asoman os vales de orixe fluvioglacial, onde se asentan os bosques caducifolios e matos. Pola contra as montañas das serras de Amarela e Soajo, moito máis antigas, orixinadasfai 300 millóns de anos durante a oroxenia herciana, presentan un releve suave e alombado. A presencia dunha falla xeolóxica que vai dende Gerês ata Lobios(España), permitiu o afloramento das augas termais da Vila do Gerês e do río Caldo, ase como de vales fluviais de orixe glaciar, doadamente recoñecibles polo perfil en forma de U, que podemos observar nas serras de Peneda e Gerês, ou os depósitosmorrénicos que aparecen nos vales, permiten calificar ó PNPG coma un territorio de alto interese xeomorfolóxico, que ten o seu mellor espello na incrible beleza paisaxística dos macizos montañosos ou nos verdes vales.

Fauna Respecto a fauna que temos no PNPG, é notable tamén a diversidade de especies presentes; rochedos, matogueiras e bosques caducifolios coexisten en poucos quilómetros,xerando unha enorme riqueza faunística, que arroxa un censo de 226 especies de vertebrados, das que 65 están incluídas no lista de especies ameazadas do Libro vermello de Portugal. Algunhas destas especies son un bo indicador do elevado valor ecolóxico que teñen os hábitats nos que viven como e o caso do escaso lobo, a ameazada aguia real, o bufo real, ou especies ligadas a augas limpas e cristalinas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Parques nacionales
  • Parques Nacionales
  • parques nacionales
  • Parques Nacionales
  • Parques Nacionales
  • Parque Nacionales
  • parques nacionales
  • parques nacionales

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS