Partenón

Páginas: 7 (1680 palabras) Publicado: 24 de noviembre de 2012
-------------------------------------------------
PARTENÓN

CATALOGACIÓN 
Recoñecemento da obra. Estamos diante dunha obra arquitectónica de tipo relixioso, concretamente tratase dotemplo coñecido como o Partenón por estar dedicado á Atenea Parthenos, a Atenea virxe, a deusa protectora da cidade grega de Atenas, á que lle da nome, capital da homónima poles na rexión da Ática.
Función.  Ostemplos gregos aínda sendo obras de función relixiosa non son recintos de oración, senón o lugar no que habita o deus ou a deusa á que se dedica o edificio. En consecuencia o edificio é de reducidas dimensións e o espazo interior carece de importancia posto que os fieis realizan as prácticas rituais de culto no exterior.
Localización. Erixiuse sobre outro templo anterior na parte mais alta daAcrópole, á que se accede polos Propileos é onde se levantaban tamén outras construcións relixiosas importantes da cidade como os templos de Erecteión e Atenea Niké, ademais da calcoteca (museo do bronce), o santuario de Artemisa Brauronia e o odeón (na ladeira).
Estilo e datación. Pertence ó período clásico da arte grega, séculos V e IV a.C., entre o fin das guerras médicas e a morte de AlexandreMagno no 323, máis exactamente ó clasicismo pleno do s. V a.C., que coincide co goberno de Pericles quen encargou a reconstrución e embelecemento de toda a rocha sagrada despois da súa destrución polo exército persa de Xerxes no 479 a.C. 
Materiais. Está realizado en mármore do Pentélico e pedra de Paros. 
Autoría. A totalidade da obra, tanto o edificio en si mesmo como a decoración escultórica,estivo baixo a supervisión de Fidias, pero a obra arquitectónica realizada entre o 447 e o 432, débese ós arquitectos Ictino e Calícrates. Este último realizou tamén o templo de Atenea Niké. 
O Partenón é considerado o cumio do clasicismo da arte grega, nel sintetízanse e materialízanse os principios de harmonía, proporción e equilibrio a través das cales se acada a beleza ideal.

CONTEXTO  Grecia non se configurou nunca como un Estado senón que estaba politicamente organizada en poles independentes, a cidade-estado. Nun mundo no que os reis eran deuses, Atenas opta pola democracia (goberno do pobo). Os atenienses non eran súbditos senón cidadáns, homes libres nacidos na poles, e tiñan dereito a participar directamente na xestión da cidade a través da Asemblea, da que están excluídos osestranxeiros, os escravos e as mulleres, e dos tribunais que eran as bases do sistema.
O pensamento fundamentase, á diferenza dos seus contemporáneas, no antropocentrismo, o home é a medida de tódalas cousas, dixo o filósofo Protágoras. A relixiosidade non era dogmática, os deuses eran moi humanizados e tampouco había unha clase sacerdotal. Cada poles tiña os seus deuses locais, pero os máisimportantes eran patrimonio colectivo do territorio grego, o que se concretaba na existencia de santuarios de peregrinación como Olimpia ou Delfos.
No século V, idade de ouro da arte grega, Atenas que controlaba ademais a Liga de Delos e polo tanto as súas riquezas, ocupa unha posición hexemónica. Coa morte de Pericles, entra en decadencia, non houbo dirixente algún capaz de manter a súa supremacía,sendo Esparta a que termine por impoñerse tras das guerras do Peloponeso entre as Ligas de Delos e do Peloponeso. Pero eses mais de 50 anos baixo o mando de Pericles foron tempos de euforia que se plasmaron na restauración da Acrópole, na limitación do poder das oligarquías, no asentamento da democracia e na expansión do modelo a outras cidades.
Se a base artística está na arte prehelénica deCreta e Micenas, Grecia aporta o antropocentrismo, o pensamento crítico como principio reitor do saber e a consecución da beleza ideal (mundo das ideas de Platón) por medio da proporción, o equilibrio e a harmonía. 
No campo da arquitectura estes principios van significar a inexistencia de obras colosais, edificacións públicas construídas a partir de cálculos xeométricos e matemáticos, a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • partenon
  • El Partenon
  • El partenón
  • Partenon
  • Partenon
  • Partenon
  • partenon
  • El Partenón

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS