Pautas para citación

Páginas: 7 (1549 palabras) Publicado: 17 de marzo de 2013
Guía para a presentación dos traballos correspondentes á materia
Teoría e Crítica literarias
USC. Curso 2012-2013
1. ormas xerais de redacción e entrega
Os traballos deberán entregarse impresos e en man nas datas fixadas para cada
un deles polos profesores/as de Interactivas. As datas de entrega serán as seguintes: 21
de marzo (primeiro traballo) e 2 de maio (segundo traballo). Cada undestes traballos
terá unha extensión máxima de 2500 palabras. Deixarase unha marxe de 5 cms á
dereita de cada páxina para as correccións ou suxestións que faga o profesor/a se o
estima necesario.
2. Sistema de citación
Os traballos deben configurarse con rigor formal e académico, sen que isto
presupoña nin moito menos unha renuncia ao desenvolvemento de criterios e
argumentacións persoais. Nofundamental trátase de mostrar a asimilación dos
coñecementos expostos nas sesións expositivas e interactivas así como a súa aplicación
práctica no sentido que o profesorado determinará. Malia isto, será benvida a
incorporación de ideas expostas por terceiras persoas (especialistas, críticos,
historiadores da literatura) en monografías, artigos ou webs académicos.
Con todo, de se producir esetipo de incorporacións deberán someterse a un
principio fundamental: o de evitar calquera forma de plaxio. As ideas alleas que se
desexe integrar no discurso propio, ou en citas formuladas de xeito explícito, teñen que
vincularse sen excepcións e de forma clara aos seus autores orixinais.
Para a introdución de citas existen diversos sistemas de formalización.
Recoméndase empregar o que acontinuación se pasa a expoñer.
2.1. Observacións xerais
1) Os traballos presentaranse en letra Times New Roman, cos seguintes tamaños e
interliñados:
a) texto principal: corpo de letra 12, interliñado 1’5
b) texto de citas sangradas: corpo 11, interliñado sinxelo
c) texto de notas a pé de páxina: corpo 10, interliñado sinxelo
2) As citas sangradas ou exentas son as que ocupan máis de tresliñas no interior do
texto. Marcaranse con tabulador dobre e sen comiñas.
2
Exemplo
Inténtase deseñar entón este espazo do inintelixíbel mediante a reconstitución doutros
proxectos de fronteiras que poidan cartografar as experiencias de sobrevida. Como
advirte Agamben (2000: 163):
A pretensión suprema do biopoder no século XX foi a produción dunha
supervivencia modulábel e virtualmenteinfinita [...] téntase, no caso do
home, xebrar en todo momento, a vida orgánica da animal, o non humano do
humano [...] até acadar un punto límite que, como as fronteiras da xeopolítica,
é esencialmente móbil e se despraza segundo o progreso das tecnoloxías
científicas e políticas. A ambición suprema do biopoder é producir nun corpo
humano a separación absoluta do vivente e do falante, da zoé e obios, do non
home e do home: a supervivencia.
3) As citas de menos de tres liñas no interior do texto irán entre comiñas inglesas (“”).
A omisión dunha parte de texto dunha cita indicarase mediante puntos suspensivos entre
corchetes: […]. Se se necesitase entrecomiñar algunha palabra ou unha parte da cita,
usaranse comiñas simples (‘’). Utilizarase cursiva (non comiñas nin subliñado) pararesaltar no interior do texto unha palabra ou frase, pero nunca debe abusarse deste
recurso.
Exemplo
Neste marco inscríbense os catro textos que conforman a primeira parte do
libro, que testemuñan a experiencia do umbral e estabelecen un contrapunto entre o
empírico (“confío nos meus ollos e sei que están vendo ó seu redor”) e a
imposibilidade de pensar o instante mortal. Non son textostanatográficos, pois como
sinala Rosa Alfaya (2012: 217), a “tanatografía é impensable como ‘acto’ [...]. É só o
termo previsible pero imposible da escrita do bios”.
4) Cando se trate de versos, citaranse entre comiñas —se son poucos e van no corpo do
texto— ou con sangrado, con espazo e tamaño de letra idénticos ao das citas de máis de
tres liñas arriba sinaladas. Se a cita vai entre comiñas os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Citacion para sentencia
  • Norma para la citación de recursos electrónicos
  • Pautas para una entrevista laboral
  • Pautas para la presentacion de informes
  • Pautas Para Comentar Un Poema
  • Pautas Para Un Comentario De Texto
  • Pautas para una presentacion exitosa
  • Tdh pautas para conductas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS