Pene

Páginas: 13 (3091 palabras) Publicado: 14 de marzo de 2013
Tema 7. A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas
A denominación é un calco da francesa Nouveau Roman dadas as influencias da narrativa francesa na galega. Emprégase para referir un grupo determinado de textos e de autores marcados por unhas características literarias e xeracionais coincidentes e presididas, principalmente, polo desexo consciente de renovación danarrativa galega. Estes autores son: Gonzalo Rodríguez Mourullo, Xohán Casal, X. L Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Camilo González Suárez-LIanos, Carlos Casares, Xohana Torres... A obra que abre a renovación literaria é Nasce unha árbore de Rodríguez Mourullo, de 1954, e a obra que cerra este período é Adiós María de Xohana Torres, do ano 1970.

Características xerais da narrativa desta época1. Argumento Nesta narrativa desaparece a historia argumental, non existe tampouco a estrutura tradicional de presentación, nó e desenlace. O «argumento» limítase a simples anécdotas ou sucesións de acontecementos cotiáns na vida dunha persoa. Isto motiva que os diálogos sexan absurdos e incoherentes pois, ás veces, non están motivados por nada. -Escoita -pero anda, ho, podes falar andando, ¿ounon?, que xa é tarde. -Escoita -veña, xa escoito Púxolle a boca diante da orella. Transcorreron catro segundos sen que dixese nada; finalmente, botou una gargallada longa, deu tres pasos para atrás e logo media volta e seguiu rindo dobrado pola cintura -pero, ¿qué pasa, ho? Non paraba de rir e víñanlle novas gargalladas cando quería poñerse dereito. -tes boa gana de mollarte [...] -Vés ou non vés,Amadeo Camilo Gonsar: «A volta», en Lonxe de nós e dentro 2. Temática A temática afástase do ruralismo, do costumismo e da realidade para centrarse, de maneira recorrente, na morte e en estados psicolóxicos e patolóxicos de todo tipo: a loucura, as perturbacións sexuais, os soños, o desdobramento da personalidade, o que implica un estado angustioso no personaxe unido moitas veces á soidade e ádor existencial. Algúns autores procuran un tempo pasado -habitualmente a infancia -. A violencia, a tortura ou a existencia de ambientes agresivos son tamén frecuentes en Carlos Casares ou en Xosé Luís Méndez Ferrín. 3. O simbolismo Os personaxes son símbolos do ser humano en xeral, perdidos na súa propia terra. En Xohán Casal aparece a figura do náufrago nunha illa deserta, símbolo da soidade daspersoas. A fiestra aparece con frecuencia. A súa presenza simboliza a relación do personaxe co mundo exterior, a súa ausencia é o illamento do personaxe coa vida. 4. O narrador Predomina nesta narrativa o enfoque múltiple (multiperspectivismo) a través dos diferentes personaxes que interveñen e o monólogo interior, co que se consegue a integración do pensamento do personaxe no discurso donarrador, en estilo indirecto libre e en primeira persoa. 1

5. O obxectalismo Moi frecuente é que a obra dea un protagonismo excesivo aos obxectos que son descritos polo miúdo coma se o narrador fose unha cámara cinematográfica. Na medida en que se lle dá existencia ao obxecto, desaparece o personaxe, os seus valores humanos e os seus sentimentos. Este «inxenuo» obxectalismo é unha crítica á sociedade«cousificada» onde teñen máis importancia os obxectos ca os seres humanos. Velaquí a descrición detallada do banco onde dorme un vagabundo: “ A superficie está lañada xustamente por onde falta a pintura. Anteriormente tiña sido verde agora era moura, denegrida, marrón, arrubiscada. As estillas eran máis claras. O respaldo continuaba sendo verde e contrastaba co negro enfurruxado das patas deferro. Nalgunhas partes, sobre todo nas estremidades había pequenos buracos. Desperto con dor: teño unha orella metida nun dos buracos máis grandes. As miñas mans penden a ambas as bandas da táboa lañada, engadinlle dúas patas ao banco, dúas patas curvadas e redondas cunha base sobresaíndo contra fóra como un sillón estilo Luís XV” (María Xosé Queizán, A orella no buraco) Neste texto a autora...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Penes y Penes
  • Mi pene
  • Pene
  • Penas
  • El Pene
  • pene
  • penes
  • mis penas

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS