Platón

Páginas: 5 (1018 palabras) Publicado: 8 de noviembre de 2014
COMENTARIO

Este fragmento é extraído dunha obra platónica que recibe o nome de ''República'' (libro lV).

Platón nace no ano 427 a.C en Atenas,no seo dunha familia aristocrática interesada na política de Atenas. Viviu durante a súa xuventude a guerra do Peloponeso. Con vinte anos,co fin de prepararse para a actividade política,comezou cos seus contactos con Sócrates,do que herdou adialéctica como o camiño ascendente cara á verdade. Conmovido trala morte de Sócrates,Platón abandoa Atenas co fin de realizar algunhas viaxes. Entre elas estivo Sicilia,onde se relacionou cos pitagóricos,que influirían na súa obra. No seu regreso a Atenas,Platón fundou a Academia,a cal se convertiría no primeiro centro de formación política e intelectual dos xóvenes gregos.

Platón estáinfluenciado por filósofos como Heráclito,co que comparte a idea dun mundo sensible; polos pitagóricos; por Parménides,do cal acepta as caráterísticas do ser; por Anaxágoras e o seu ''Nous'' e principalmente por Sócrates,do cal era discípulo.

Platón desenvolve a súa actividade filosófica tras a restauración da democracia ateniense. A Atenas da época de Platón era un centro económico,político e socialonde había teatros,ximnasios,mercados,templos e institucións políticas,talleres de artesáns...
A democracia ateniense era unha democracia directa onde os cidadáns interviñan en primeira persoa na Asamblea,pero non todos os habitantes eran cidadáns. Os escravos,os extranxeiros e as mulleres non contaban coa cidadanía. Só os varóns adultos formados militarmente e descendentes de cidadánsatenienses eran considerados cidadáns. Atenas pronto se converteu tamén nun atractivo para os filósofos de diferentes lugares.

Primeiramente,debemos coñecer o significado de virtude ao longo da historia grega. No mundo aristocrático a virtude é unha calidade hereditaria da nobreza coa que se alcanza o éxito e a fama. Para os sofistas a virtude significaba unha calidade enseñable e ao alcance detodos. E para Sócrates a virtude reside no mesmo coñecemento.

Según Platón,unha polis é xusta cando existe harmonía ente as diferentes clases sociais,para oq ue é necesario que cada unha delas cumpra correctamente a súa función. Cada persoa debe ocuparse dunha soa cousa,como veremos máis adiante,e non pode baixo ningunha circunstancia cumprir as funcións propias dunha clase social que non llecorresponde.
Unha cidade é xusta cando posúe as calidades de: moderación,valentía e sabedoría. A xustiza non é alcanzada cando non se cumpren as tres ao mesmo tempo. Polo que todas as clases sociais,dende a máis alta á máis baixa,son necesarias para o mantemento da xustiza. Ao igual que unha polis,unha persoa tamén terá a virtude de ser xusta cando a súa alma conteña estos tres requisitos.Remítome ao mito do carro alado para explicar as ideas deste texto. Platón neste mito compara a alma humana cun carro alado,conformado pola razón (auriga),a vontade (cabalo branco) e o desexo (cabalo negro). Cando cada unha das partes se comporta adecuadamente (é dicir,ten a súa virtude) entón alcanzará a harmonía,á que chamamos xustiza. Este mito representa o dualismo entre a alma e o corpo,nacal a alma é altamente valorada e o corpo infravalorado. O corpo pertence ao mundo das cousas sensibles e a alma ao mundo das ideas.

Comparando este mito coa desingualdade de clases sociais que conforman o estado utópico dePlatón,a estrutura tripartita da alma humana é paralela á estrutura tripartita do Estado. A Razón estaría representada polos gobernantes,que deben posuír as virtudes de:moderación,valentía e sabedoría; a Vontade estaría representada nos militares (moderados e valentes); e o Desexo, constituído polos traballadores,que só poden ter a virtude da moderación.

Platón explica esta desigualdade de clases mediante o mito dos metais,alegando que por natureza cada persoa está formada por un metal diferente. Aquelas persoas feitas de ''ouro'' estaban destinadas a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • platon

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS