Relaciones internacionales

Páginas: 4 (876 palabras) Publicado: 1 de junio de 2010
Tema 1.- A xénese das Relacións Internacionais como disciplina académica

1.- O concepto de Relacións Internacionais
As RELACIÓNS INTERNACIONAIS refírense á disciplina, á ciencia. As relaciónsinternacionais son o obxecto de estudo. O termo “relacións internacionais” empregarémolo temporalmente, máis adiante pasaremos a denominalo “sociedade internacional”.
• ¿cándo xurde a ciencia dasRelacións Internacionais?(despois da I G.M.
As Relacións Internacionais xorden trala I Guerra Mundial, polo que constitúe unha ciencia relativamente nova. Isto non significa que non se indagaraanteriormente sobre a realidade internacional, senón que só despois da I Guerra Mundial surxe no marco das ciencias sociais unha disciplina que se enfronta á realidade e aos problemas internacionais dendeunha óptica e cuns plantexamentos que pretenden ser globais e non particulares ou parciais. Xurde despois da contenda a idea da educación para a paz, que significa por un lado educar ás masas e, poroutro, educar ás élites. De ahí a conveniencia de crear institucións científicas para o estudo das cuestións internacionais. As potencias anglosaxonas foron as primeiras en dotarse de centros deinvestigación en relacións internacionais. Así Londres, Nueva York e Aberyswith foron os primeiros puntos do mapa docente/investigador da disciplina.
• ¿por qué xurde?( con obxecto de dar resposta áI.G.M. e que non volva a ocorrer. O seu obxecto principal é o fenómeno da guerra.
As Relacións Internacionais nacen directamente ligadas á búsqueda de solucións aos problemas internacionais e, enespecial, ao problema da guerra. Non van perder en ningún momento este sentido, reflexando en última instancia no seu desenvolvemento teórico o cambio e a conseguinte aparición e toma de conciencia de novosou renovados problemas e a búsqueda de respostas aos mesmos.
Sen embargo, esta finalidade que perseguen as Relacións Internacionais dende o seu nacemento dista aínda de terse logrado a pesares dos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Relaciones internacionales
  • Relaciones Internacionales
  • Relaciones Internacionales
  • relaciones internacionales
  • RELACIONES INTERNACIONALES
  • relaciones internacionales
  • Relaciones internacionales
  • Relaciones internacionales

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS