Renacimiento

Páginas: 18 (4293 palabras) Publicado: 7 de noviembre de 2012
RENACEMENTO E CLASICISMO. Tema 3. Outubro/2012

Novas técnicas de difusión, novos métodos de análises, novas fontes? Nova curiosidade tamén, posto que Renacemento e Reforma foron, cada un ao seu modo, peregrinación ás fontes. Clío parece repudiar un milenio de tutela teolóxica e escolástica para atopar de novo á vez a súa infancia pagá e entrar na idade da razón [...] a volta á Antigüidade é osigno da época. (C.-O. Carbonell, A historiografía)

Contexto xeral. Os cambios do mundo e a nova visión do ser humano. Cara ao final da Idade Media, nuns lugares antes e noutros máis tarde, comeza unha lenta e fonda transformación dos valores culturais que vai pervivir até o século XVII. Esta transformación iníciase en Italia e desde alí vai estenderse para toda Europa. Dous son osacontecementos, sin vínculo aparente, que entran nesta transformación: un, a invención da imprenta, o outro a toma de Bizancio e a dispersión posterior de copistas e gramáticos gregos a través de occidente.Isto levará a un descubrimento dos clásicos por parte dunha Europa que, aínda que se debate en disensións relixiosas, mantense cristiá, á vez que acepta a Antigüidade como o signo da nova época. Unha épocaque é tamén a da Utopía, a crenza nas posibilidades do home, o fantástico, o marabilloso, a procura do reflexo divino na alma e na obra de arte, o progreso. O tempo xa non procede de Deus: humanízase, e o historiador sucede ao teólogo. O retorno ao antigo convértese así na vía cara á modernidade. Pero esta luminosidade ten contradicións: tras o Renacemento, o Barroco lémbranos as aparenciasfugaces, a maldade intrínseca do home, o engano dos sentidos, as paixóns destrutoras. De fondo, un aceno de sarcasmo indícanos que non debemos tomarnos demasiado en serio a nós mesmos.

1. Renacemento
Renacemento é o termo utilizado para identificar o período da Historia da Europa, aproximadamente entre fins do século XIII e a metade do século XVII, mais os estudosos non chegaron a un consenso sobreesa cronoloxía, habendo variacións considerábeis nas datas conforme o autor. Sexa como for, o período foi marcado por transformacións en moitas áreas da vida humana, que sinalan o final da Idade Media e o inicio da Idade Moderna. A pesar destas transformacións seren ben evidentes na cultura, sociedade, economía, política e relixión, caracterizando a transición do feudalismo para o capitalismo esignificando unha ruptura coas estruturas medievais, o termo é máis comunmente empregado para describir os seus efectos nas artes, na filosofía e nas ciencias. Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que dirixiran as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeiravez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de

Renacemento como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento na Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home". O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades deFlorencia e Siena, de onde se difundiu para o resto da península Itálica e despois para practicamente todos os países da Europa Occidental, impulsado polo desenvolvemento da prensa por Johannes Gutenberg. Italia permaneceu sempre como o local onde o movemento presentou maior expresión, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén ocorreron na Inglaterra, Alemaña, Países Baixose, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas. Algúns críticos, porén, consideran, por varias razóns, que o termo "Renacemento" debe ficar circunscrito á cultura italiana dese período, e que a difusión europea dos ideais clásicos italianos pertenza con máis propiedade á esfera do Maneirismo. En resumo, o Renacemento é un amplo movemento cultural -non só artístico ou...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Renacimiento
  • Renacimiento
  • Renacimiento
  • Renacimiento
  • Renacimiento
  • renacimiento
  • Renacimiento
  • El Renacimiento

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS