Resistencia

Páginas: 10 (2452 palabras) Publicado: 8 de mayo de 2011
| | |

RESISTENCIA

Mediante un traballo meramente xornalístico, Rosa Aneiros escribiu Resistencia, unha novela narrativa que como ela mesma di trata dunha historia de resistencia no amor e nas ideas. Nunha visita ó museo municipal de Peniche, un antigo cárcere, viuunhas cartas que a impactaron moito, nese intre soubo que tiña que reconstruír as historias dos protagonistas desas cartas. Aproveitando a súa condición de xornalista realizou entrevistas a diferentes persoas e varias pescudas, logrando o que se propuxera. Creou unha novela que se sitúa nun Portugal coa ditadura de Salazar e a de Marcelo Caetano posteriormente, ata a Revolución dos Caraveis.

Ahistoria é narrada por Dinís, un dos protagonistas, a través dun narrador omnisciente que ten coñecemento do que pensan e senten os personaxes, e de feitos do pasado e que se producirán nun futuro. Nárrase en terceira persoa e non segue unha estructura lineal, o tempo da obra é cíclico posto que comeza no 1994, retrocede varios anos para logo volver ó 1994.

Comeza coa presentación dos personaxesmáis significativos da novela, situándonos en San Pedro de Moel, un pequeno pobo onde vivía Isaura, a nai de Dinís, que era unha muller moi forte e loitadora posto que dende pequena estivo soa, xa que a súa nai falecera ó nacer ela, a pobre muller quedou embarazada a causa dunha serie de violacións que recibiu por parte duns desalmados e non soportou a perda de sangue e o esforzo do parto.Isaura, filla de nai solteira e sen pai recoñecido, foi criada entre o cura da parroquia e varias veciñas, os cales se puxeron moi furiosos ó ver que o destino repetira a mesma historia nesa pobre criatura.
Isaura ía vender peixe na súa bicicleta á Miranda Grande, onde coñeceu a Antonio Gonçalves, un traballador da Fábrica de vidro, que foi o seu grande e prohibido amor, xa que estaba casado e tiñaun fillo. O amor creouse a base dunha serie de encontros fortuítos que logo xa non o foron tanto, reuníanse no Pinal do Rei, unha gran extensión de piñeiros, que pasou a ser o lugar onde desencadeaban o seu amor, queríanse moito e aínda que as circunstancias os separaban esquecíanse de todo e de todos ó estar xuntos. Cando Isaura se quedou embarazada Antonio estaba máis contento que cando nacera oseu fillo lexítimo, no pobo a xente vía como se repetía a mesma historia de Remedios, a nai de Isaura, que ía ter un fillo sen pai. Todos falaban da súa situación e especulaban sobre quen sería o pai, dábanlle roupas vellas e consellos de que marchara do pobo.

O parto foi moi duro e Isaura estivo a piques de morrer, pero pensou no seu fillo e loitou por saír adiante. Antonio e Isaura sentíansefelices polo seu fillo e por estar xuntos, acudían a cada cita no piñeiral con moitas ganas, ata pensaron en escapar xuntos. Dinís tivo unha infancia moi triste xa que dende pequeno traballaba para axudar á súa nai, a pesares de que Antonio axudaba no que podía, tamén contaban coa axuda de dona Carme, unha das veciñas que criou a Isaura, que coidaba de Dinís cando ela traballaba e lles tiña ungran cariño. Dinís era alegre e inocente ata que se converteu nun home máis pausado e rosmón e gracias ó seu pai comezou a traballar na fábrica de vidro.

Nesta parte da obra tamén vemos a presentación da familia Rodrigues, que foi unha das familias máis adiñeiradas da zona. Rui Rodrigues, o pai de Filipa, criouse nunha situación económica moi boa, xa que o seu pai viaxara ás Américas onde gañoumoitos cartos. Enviáballe diñeiro dende Brasil á súa muller, dona Leonor, e ós seus fillos, Rui e Filipa, que estudaban en Lisboa nun colexio de elite, onde ocorreu a desgracia que marcaría a Rui para sempre. A súa irmá Filipa, que tiña un comportamento moi raro e melancólico, quitárase a vida deixando só e moi triste ó seu irmán e á súa nai moi abatida. Rui sempre soubo que se tiña unha filla a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Resistencia
  • Resistencias
  • Resistencia
  • Resistencia
  • La resistencia
  • La Resistencia
  • La Resistencia
  • la resistencia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS