ROSALIA DE CASTRO

Páginas: 8 (1868 palabras) Publicado: 27 de abril de 2015
Rosalía de Castro.
•Biografía.
Rosalía de Castro naceu en Santiago, en 1837 como filla dunha fidalga e dun seminarista. A súa infancia pasouna en Padrón, eta vila é moi evocada na súa poesía adulta como o paraíso da infancia. Logo marchou a Santiago onde recibiría unha esmerada educación inusual nas rapazas desa época: francés, canto, piano, guitarra,deseño, lectura e escritura... etc. Rosalíaentra en contacto cunha mociadade inqueda (Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, etc). Con 17 anos participa como actriz en diversas representacións teatrais no Liceo de San Agustín.
En 1853 pasa unha tempada en Muxía, convidada pola familia de Pondal. Esta experiencia serviríalle para ambientar a súa primeira novela, La hija del mar, e para comper o poema “A romaría da Barca” publicado no Álbum de laCaridad (1862), nesta tempada contrae o tifo e está a piques de morrer.
En 1856 Rosalía marcha a Madrid donde coñece a Manuel Murguía con que casa en 1858. No 1857 publica o seu primeiro poemario La flor. En 1861 publica en El Museo Universal de Madrid, o seu primeiro poema escrito en galego “Adios, ríos, adios, fontes”. En 1862 Rosalía edita un longo e sentido poema trala morte da súa nai, A mimadre. En 1863 publica o primeiro libro escrito integramente en galego da historia e unha das obras fundamentais da nosa literatura; Cantares Gallegos. Naquel enton Rosalía ten 26 anos.
Por motivos de traballo e penurias económicas, o matrimonio Castro-Murguía e os seus sete fillos vense obligados a cambiar frecuentemente de localidade e botar frecuentes tempadas separados, o último lugar no queresiden é a casa de Matanza na parroquia de Iria (Padrón).
En 19880 publica a súa derradeira obra en castelán e o seu derradeiro libro en galego: El primer loco e Follas Novas. O poemario En las orillas del Sar, derradeira obra rosaliana sae do prelo en 1884.
Rosalía morre en Padrón en xulllo de 1885 con 48 anos de idade, nunha situación de extrema pobreza, torturada polo cancro, atacada, marxinadaou abandonada por case toda a intelectualidade da época. Os seus intres finais estaban cheos de desolación e manda a súa filla maior queimar todos os orixinais inéditos e cartas que gardaba.
Cando os seus restos mortais son trasladados de Andina (Padrón) a San Domingos de Bonaval (Santiago) a xerarquía eclesiástica compostelá denega o permiso para celebrar as exequias na súa honra no recintocatedrático.

•Rosalía suxeitada a visións deformadas.
Rosalía é a figura más importante e representativa universal da Literatura Galega.
A partires da súa morte comezou a crecer unha imaxe distorsionada que a presentou como unha santiña, chorona, unha coitada non moi culta que escribía o que lle mandaba ou ditaba o ser marido Murguía, unha simple imitadora de Bécquer ou romántica rezagada, unhaautora inconsciente do papel que xogaba, unha “pobre aldeana gallega metida a poeta” (Unamuno) que escribía “a su manera rural y simplícisma (Castelar).
A realidade fálanos dunha muller culta, con criterios prpios e contestataria, posuidora dun rexo carácter e dunha clara vontade de ser escritora, consciente do que facía cando rompía os moldes literarios, ideoloxicos e temáticos dominantes.
Rosalíaresulta pioneira de correntes de pensamento social e político de plena actualidade tanto en Galiza como no resto do mundo: femininismo, anti-capitalismo, nacionalismo, progresista, etc. Por isto e outras razóns a súa obra e traducida a moitos idiomas e estudiada en universidades de todo o mundo.
En vida, a súa traxectoría profesional estivo marcada polos fracasos e as marxinancións. Tivo escasoslectores e enormes dificultades para publicar, derivadas tanto pola súa ideoloxía, os problemas económicos e por ser muller. A publicación de Follas Novas tivo que agardar dende 1874 ata 1880 e aínda así, necesitou o apoio dos galegos emigrantes en Cuba. Rosalía recibiu ataques durísimos tanto polo estamento eclesiástico como doutros intelectuais da súa época. Emilia Pardo Bazán recibiu a mesma...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Rosalia de Castro
  • Rosalia de castro
  • Rosalia de Castro
  • rosalia de castro
  • Rosalía de castro
  • Rosalia de Castro
  • ROSALÍA DE CASTRO
  • rosalia de castro

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS