Santa compaña

Páginas: 9 (2228 palabras) Publicado: 31 de marzo de 2011
SANTA COMPAÑA

[pic] [pic]

[pic]

Santa Compaña

A Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego. O tema das procesións de mortos e/ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a IdadeMedia. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias, xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno.
Na súa función de mito, a disgregación da crenzailustra a destructuración e a desintegración das partes constituíntes da antiga sociedade galega, é dicir, a desaparición dun estilo de vida tradicional anterior que se constrúe dende a urbanización e a industrialización modernas. Polo tanto a cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI considera a Santa Compaña como unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural.Etimoloxía

Segundo o Dicionario dos seres míticos galegos, os termos Santa Compaña e Santa Compañía son nomes erróneos por contaminación culta, aínda que poidan usarse de xeito eufemístico nalgures, dado que a Compaña non é santa. Lisón Tolosana concorda en que Santa Compaña é unha expresión que serve para denominala, en particular polos eruditos, pero que non é utilizada, ou moiescasamente, polos crentes. A expresión vén do latín "sanctam cum pania", que pode asemellarse a "santa compaña". Non obstante, unha tradución máis literal sería "que comen do mesmo pan", seria referíndose ao convite funeral no cal as ánimas levan os vivos para a procesión, sendo necesario finxir comer os manxares propostos e comendo un alimento propio aínda que sexa pan que se leve no peto para librarse.Orixe

A vixencia diste mito de relación dos vivos e dos mortos na sociedade galega recoñécese polos testemuños de fontes escritas ao longo da historia e polas hipóteses de estudos.
Pódese ver que é vixente por diversos documentos da Inquisición do século XVI e comezos do XVII, mencionando xa a crenza, en Galicia, de ánimas errantes que non foron nin ao paraíso, nin ao inferno, nin aopurgatorio.
Martiño Sarmiento, despois da súa viaxe por Galicia, anota que a estantiga é un dos seus nomes particulares pola zona de Ourense. El fora testemuña do mito, xa antigo naqueles tempos, de que xa existía polo menos no século XVII. Deste modo, dálle o significado de ser un fenómeno vinculado á mitoloxía europea, é dicir, máis que da procesión de ánimas da tradición cristiá.
Tamén sabemos deXoán Cuveiro Piñol que a crenza para el se aproxima ao "sluagh" e á "cazaría salvaxe" vinculándoa ao tronco indoeuropeo.
Por outra banda, o antropólogo Carmelo Lisón Tolosana publicou unha investigación etnográfica sobre a Santa Compaña, onde di que esta crenza, aínda viva no século XX en Galicia, está vinculada a un mito xermánico, a cazaría salvaxe, que difundiron as invasións destes pobosdurante a Alta Idade Media co nome de estandiga ao longo de toda a Hispania. O mito axiña sería cristianizado. Porén, hai outras fontes que apuntan a unha posible orixe celta. A lenda da cazaría salvaxe e as crenzas das culturas célticas van polo tronco dunha crenza antiga, o que supón que se trata de maxia na súa función de acceder ao coñecemento. A herdanza da Santa Compaña dos mitos xermánicos,bastante compartida polos intelectuais, non convenceu a Vicente Risco, quen supón que o aspecto máxico da Compaña é só unha manifestación de relixiosidade fóra das normas e regras da relixión vixente. Nos elementos da descrición atópase por unha banda o mundo da realidade, os lugares da parroquia, xente do pobo viva ou morta, e por outra banda referentes do imaxinario colectivo de códigos e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Leyenda de la santa compaña
  • compañas y expediciones
  • Compaña Comprale Al Peru
  • Santos
  • Sante
  • Santa
  • Santos
  • Santa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS