Siglo xix españa.

Páginas: 21 (5059 palabras) Publicado: 6 de abril de 2011
A Revolución Española.
INTRODUCIÓN :
O 17 de marzo de 1808 deuse un acto de forza no palacio de Aranjuez, lugar de residencia da corte. Isto leva a que Manuel Godoy queda apartado do poder, que levaban exercendo dende 1792 como ministro do interior. Este motín provocou unha forte crise, Carlos IV abdica no seu fillo Fernando o cal aglutinaba a oposición a Manuel Godoy.
Napoleón estableceuun réxime próximo a Francia, ao reunirse en Baiona en abril de 1808, o Emperador obrigou a Fernando VII a devolver a coroa a Carlos IV e a este a cederlle os dereitos do trono ao seu irmán Xosé Bonaparte. A partires de maio xorden revoltas antifrancesas. Hai que ter en conta que no 1808 os primeiros liberais españois viviron unha especie de espellismo revolucionario. A transición do Antigo Réximeao Liberal será un proceso pendente e que se dará durante a primeira metade do século XIX.
A GUERRA DA IDEPENDENCIA:
O levantamento de maio de 1808 foi un levantamento antifrancés, espontáneo e á vez inducido por xentes británicas. Non foi unha guerra por motivada por ideais básicos como a relixión e a monarquía. Foi unha guerra de carácter peninsular, porén alcanzou a internacionalidade eos británicos tiveron moito que ver no desenlace final.
A crise dinástica que se produce en abril-maio e o levantamento popular levaron a un colapso na autoridade do estado, e á vez a un baleiro de poder. Nas zonas non controladas polos franceses, este baleiro de poder deu lugar á creación de novos poderes territoriais, as Xuntas Provinciais, que lexitimábana súa autoridade no nome do pobo easumían a soberanía. A Xunta Central Suprema, o 25 de setembro de 1808, baixo a presidencia de Floridablanca foi un goberno feble e moderado, a antítese dun goberno revolucionario. A revolución que se deu en España non naceu dos conflitos entre o poder e a sociedade, senón que naceu dunha guerra. Esta guerra trouxo un factor importante, este foi a resistencia popular ao invasor.
Podemos diferenciardiferentes fases ao longo da guerra:
O comezo: Os exércitos franceses reprimen o levantamento popular e paralelamente establecen o novo réxime de Xosé Bonaparte. As tropas francesas chegaron ata o interior da península, e posteriormente dirixíronse en diferentes exércitos a Galiza, Cataluña e Andalucía. Neste primeiro contexto deuse a derrota do xeneral Dupont, que capitulou en Bailén o 22 dexullo ante o xeneral Castaños. Xosé Bonaparte tívose que retirar a Gasteiz e as tropas francesas retrocederon ata o Ebro.
Napoleón chega e asume o mando: asumiu as operacións e decidiuse a rematar coa resistencia. Mandou un exército de 300.000 homes cos seus máis prestixiosos xenerais. Tomaron importantes prazas fortes como Bilbo, Logroño, Tudela. As tropas francesas seguiron cara Aragón eCataluña, onde caeu Zaragoza e Girona tras varios meses de asedio. O 4 de decembro de 1808 as tropas francesas chegan a Madrid, restablecendo a Xosé Bonaparte.
Un desembarco británico ao mando de John Moore n´A Coruña, levou a Napoleón a ter que despregar un gran continxente de tropas cara Galiza. Moore morre na operación tras reembarcar ás súas tropas.
As tropas aliadas (británicos,portugueses e españois) conseguirán algunha vitoria ocasional. Wellesley obrigará a Soult a retirarse a París.
Avance francés: a superioridade das forzas galas na península a fins de 1809 xa era un feito, e a conquista peninsular tamén era un feito practicamente inevitábel.
Entre 1810 e 1811 os exércitos franceses conquistarán Andalucía con excepción de Cádiz, Catalunya e o Levante, Valenciacaerá no 1812. Os franceses só fracasarán en Portugal. Unha vez que cae Andalucía as esperanzas das forzas antifrancesas, recaía nas tropas anglo-portuguesas comandadas por Wellington e na guerrilla española, esta formarase a partir dos antigos exércitos derrotados. A seu groso estará composto por ex-oficiais, ex-soldados, civís e campesiños; fóronse formando dende 1809.
As forzas aliadas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • españa en el siglo XIX
  • España y Galicia en el siglo XIX
  • España En El Siglo Xix
  • Historia De España Siglo Xix
  • España En El Siglo Xix
  • Educacion en españa siglo xix
  • La España del siglo XIX
  • La España Del Siglo Xix

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS